Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o procedemento de contratación do servizo "xantar no fogar"


# Mércores, 09/11/2011
Carmen Basadre salientou que “o Concello manterá todos os servizos sociais básicos especialmente para os que máis o necesitan"

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira deron conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe.

Carmen Basadre informou da apertura do procedemento de contratación dun servizo de comida no fogar por un valor total, con prórrogas, de 344.082 euros. A adxudicación será a través de procedemento aberto e o contrato terá unha duración de dous anos prorrogables a outros dous. O valor do contrato, que se adxudica a través de procedemento aberto, estímase sobre o prezo/menú que ven sendo de 5,70 euros/menú. O Concello estimou que a cantidade de menús anuais será de 15.695 polo que o contrato anual é de 89.461 euros anuais.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude incidiu en que “este equipo de goberno apostou por manter os servizos sociais básicos e o xantar no fogar é un servizo necesario xa que está dirixido a persoas maiores, que viven soas ou que non poden valerse por si mesmas.” Ademais engadiu que “temos un compromiso cos veciños e veciñas de Lugo especialmente con aqueles que máis o necesitan e non os vamos a deixar sós.”

Basadre tamén explicou que na Xunta de Goberno Local se aprobou o encargo polo que se encomenda a fase de admisión de solicitudes e de instrución da concesión das subvencións para facer as ITE a EVISLUSA. No ano 2010 presentáronse 90 solicitudes de subvención dun total de 1860 vivendas que tiñan a obriga de pasar a revisión polo que “este ano agárdase que exista unha maior demanda destas axudas xa que o número de vivendas que a teñen que pasar é similar á do ano pasado” segundo a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova