Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez anunciou que a partir do 15 de novembro ábrese o prazo para solicitar as subvencións do Concello para pasar a ITE


# Xoves, 10/11/2011
As axudas, cunha partida total de 52.262 euros, a veciños con escasos recursos poden chegar ata o 75% do custe da inspección

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou que a partir do 15 de novembro e ata o 1 de decembro estará aberta a convocatoria para a solicitude da subvención coa que o Concello pretende axudar a facer a inspección técnica de edificios (ITE) aos veciños que teñan menos recursos económicos.

Segundo informou Luis Álvarez, a partida que se destina para este ano 2011 é de 52.262 euros dos que se poderán beneficiar os veciños con poucos recursos que non sexan propietarios de máis dun inmoble. As persoas que cumpran este requisito e que xa pasaran a ITE ou a teñan encargada para facela antes do 31 de decembro poderán solicitar a axuda. Antes desa data están obrigados a pasar a ITE todos os edificios que foran construídos entre os anos 1952 e 1965.

Poderán acceder a esta subvención todos os veciños que teñan a obriga de pasar a ITE este ano e que conten cuns ingresos inferiores a 13.299,30 euros. O importe das axudas que concede o Concello pode chegar ata o 75% do custo do devandito informe, tendo en conta o máximo dos honorarios establecidos no convenio que asinou a institución cos colexios de Arquitectos e Aparelladores. As axudas daranse a todas as persoas con recursos escasos que pasen a inspección técnica de edificios no período voluntario, é dicir antes do 31 de decembro.

Nas bases da convocatoria dáselles prioridade as persoas discapacitadas ou que teñan algún discapacitado ó seu cargo, e a maiores de 65 anos, en segundo lugar ás familias numerosas, a continuación a familias monoparentais que teñan fillos ó seu cargo e despois ós que ganen menos de 1,5 do IPREM.

Na presentación da convocatoria destas subvencións, o Concelleiro de Urbanismo, salientou que “este tipo de actuacións son obrigatorias por lei para garantir a seguridade dos veciños e das persoas que viven nos inmobles por iso garantimos que todos os veciños con recursos escasos recibirán esta axuda municipal para facer a inspección”.

ITE - Inspección Técnica de Edificios

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova