Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Concelleiros de Servizos Xerais e Zona Rural visitaron os telecentros rurais para explicar os novos cursos informáticos


# Xoves, 10/11/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, e o concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron diferentes telecentros para presentar os novos cursos de informática que se van levar a cabo en 21 parroquias.

Francisco Fraga explicou que “despois do curso de alfabetización dixital pretendemos que os interesados poidan implicarse máis polo que imos poñer en marcha a II Fase na que ofrecemos cursos de dinamización en redes e novas tecnoloxías”. Ademais, o Concelleiro de Servizos Xerais explicou que se van poñer en marcha cursos para que os menores de 14 anos se acheguen “dunha maneira sana as novas tecnoloxías”.

As actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías enmárcanse no Proxecto europeo PARNET-tic, no que participa o Concello de Lugo.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar aos usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía da zona rural, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

Tamén se impartirá formación sobre o funcionamento de catro aplicacións informáticas postas en marcha con este proxecto: Sistema de Localización e Información Xeoreferenciada, Plataforma de SMS, Plataforma de Información Xeorefenciada do Punto Limpo e Sistema de Consultas. Estas aplicacións ofertarán novos servizos aos cidadáns do rural e crearán unha canle de comunicación áxil e efectiva entre a cidadanía, as empresas e o Concello.

Programación dos cursos nos telecentros rurais

No mes de novembro vanse celebrar cursos entre os días 14 e o 18 no Telecentro de Coeses en horario de 17:00 a 19:00 e no Telecentro de San Xoán do Campo entre as 19:30 e as 21:30 horas.

Na semana do día 21 ao 25 hai cursos nos Telecentros de Rubiás de 17:00 a 19:00 horas e no de Santiago de Sáa entre as 19.30 e as 21:30 horas.

Coñeza a rede de telecentros rurais do Concello de Lugo

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova