Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O libro "Ánforas romanas de Lugo" publicado polo Servizo municipal de Arqueoloxía presentouse esta tarde no Concello


# Xoves, 10/11/2011
O Alcalde asistiu ó acto no que interviron dous dos coordinadores da publicación, Enrique González e Rui Morais

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O arqueólogo do Concello de Lugo Enrique González e o profesor da Universidade do Miño (Braga) Rui Morais foron os encargados de presentar o libro "Ánforas romanas de Lugo", unha publicación que recolle os resultados das investigacións feitas sobre materiais que se atoparon en 27 das escavacións arqueolóxicas realizadas na cidade de Lugo.

O acto tivo lugar esta tarde no salón de plenos da Casa do Concello e contou coa asistencia do Alcalde, José López Orozco, entre outros membros da Corporación.

O libro “Ánforas romanas de Lugo” é a cuarta publicación da colección Traballos de Arqueoloxía, que edita o Servizo municipal de Arqueoloxía para dar a coñecer os resultados das investigacións que se levan a cabo cos importantes achádegos que saen a luz do pasado romano de Lugo.

Nesta ocasión, a investigación centrouse nas pezas de ánforas que apareceron nas escavacións feitas nos últimos vintecinco anos en Lugo e, do seu estudo, tiráronse interesantes conclusións referidas ás rotas comerciais da época e ós hábitos de vida e alimentación dos poboadores da cidade desde a súa fundación ata finais do século I.

Entre outras informacións, o estudo das ánforas romanas de Lugo permitiu saber que a élite social daquela época consumía produtos de luxo como aceites ou viños chegados das costas do Exeo ou da Itálica e mesmo de Anatolia. Tamén se soubo grazas a esta investigación que en Lugo houbo obradoiros de produción de ánforas, igual que na localidade pontevedresa de Bueu, aínda que a maioría das pezas atopadas procedían doutros lugares do Imperio romano.

A publicación foi coordinada por Enrique González, Rui Morais e o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona César Carreras Monfort.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova