Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os forenses galegos reúnense en Lugo nunha Xornada co lema "Formación: dereito e deber"


# Venres, 11/11/2011
O Alcalde participou na inauguración das sesións organizadas pola Asociación galega de médicos forenses

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, interveu hoxe na inauguración das II Xornadas de Medicina Forense que reúnen na nosa cidade a 69 médicos forenses, xuíces e policías.
No acto de apertura participaron tamén a Deputada provincial Pilar García Porto, o Presidente da Audiencia Provincial, José Antonio Varela Agrelo, a Xefa territorial de Presidencia, Marta Barreiro, e o director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Benito López.

O Alcalde deulles a benvida ós participantes neste encontro, organizado pola Asociación Galega de médicos forenses, e agradeceulles a elección da nosa cidade para a celebración das Xornadas das que dixo que contribuirán a mellorar a formación dos forenses galegos. Tamén destacou o Alcalde o importante labor que desenvolven os profesionais da medicina forense.

As Xornadas celébranse baixo o lema “Formación: dereito e deber” e teñen lugar na Facultade de Veterinaria. No encontro tratáronse temas como ós avances na análise toxicolóxica do alcol e drogas de abuso ou a valoración forense integral da violencia de xénero.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova