Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta semana rematarase a renovación do firme da Avenida da Coruña


# Luns, 14/11/2011
Hoxe luns 14 rematou o fresado da terceira fase das obras, a que vai desde a intersección coa Rúa Manuel María e a Rúa Curros Enriquez

Así mesmo hoxe comezaron o fresado das dúas ultimas fases, estando a empresa adxudicataria pendente da meteoroloxía para proceder ao asfaltado.

Hoxe rematouse de fresar a terceira fase das obras da Avenida da Coruña, exactamente a que vai desde a intersección coa Rúa Manuel María ata a intersección coa Rúa Curros Enriquez. Cando a meteoroloxía o permita procederase ao asfaltado.

Ademais comezouse o fresado das dúas ultimas fases, desde Curros Enriquez a Mallorca e desde Mallorca a Perpetuo Socorro.

Tráfico

Desde a Rúa Manuel María a Curros Enriquez cando comece o asfaltado o tráfico de saída da cidade permanecerá aberto. En canto o sentido entrada da cidade a zona sufrirá desvíos debidamente sinalizados, agás para residentes e bus urbano. As interseccións da Avenida da Coruña coas rúas Manuel María e Curros Enriquez permanecerán abertas ao tráfico.

Na fase cuarta e quinta (de Curros Enriquez a Mallorca e de Mallorca a Perpetuo Socorro respectivamente) por regra xeral permaneza aberto un carril en sentido saída da cidade. En canto o sentido entrada da cidade a zona sufrirá desvíos debidamente sinalizados, agás para residentes e bus urbano que si terán acceso.

Nestes dous tramos é posible que existan puntualmente cortes de tráfico totais, estando os desvíos de saída da cidade pola Rúa Mallorca – Praza da Milagrosa – Curros Enriquez e de entrada da cidade Agro do Grolo – Curros Enriquez – Camiño Real

A concelleira delegada da área de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, recordou que ademais de a través dos medios de comunicación, a web do concello mantén un banner na súa páxina principal para avisar das posibles incidencias nas obras

Coñeza o estado das obras.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova