Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza talleres gratuítos para a búsqueda de emprego activo


# Luns, 14/11/2011
Celébranse no Espazo Lab os días 28, 29 e 30 de novembro e do 2 de decembro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou un programa con diferentes talleres de búsqueda activa de emprego que terán lugar entre os días 28, 29 e 30 de novembro e o 2 de decembro. Todos os talleres terán lugar no Espazo Lab do Concello en horario de 10 a 12:30, agás o que se celebra o día 2 de decembro que será entre as 09:30 e as 13:30 horas.

Esther Muñóz explicou que “os talleres programáronse de maneira secuencial,para que as persoas que queiran poidan asistir a todos eles ou ben escoller o que crea que se axusta máis as súas necesidades.” Ademais lembrou que estes talleres están impartidos por profesionais expertos en selección de persoal e no uso de novas tecnoloxías para a búsqueda de emprego.

O programa consta dos seguintes talleres:

Día 28 de novembro, Las reglas de oro para preparar un currículum vitae atractivo, no que se darán pautas para a confección do seu propio curriculum ás persoas asistentes xa que é unha ferramenta esencial e debe de chegar de maneira eficaz ás persoas que van a realizar os procesos de selección. Este taller conta con 20 prazas.

Día 29, Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, no que se ensinará aos participantes como adquirir as habilidades necesarias para solventar unha entrevista de traballo e para poder transmitir con máxima eficacia a súa mensaxe. Este taller conta con 20 prazas.

Día 30, Como preparar pruebas de selección para un puesto de trabajo, nos que se dará a coñecer a tipoloxía de probas coas que se poden atopar nunha entrevista de traballo e daráselles os coñecementos necesarios para realizar dunha maneira máis eficaz as probas. Este taller conta con 30 prazas.

Día 2 de decembro, Estrategia social media para a búsqueda de emprego (redes sociais, blogs..) ao finalizar este taller os participantes estarán en condicións de emprender diferentes accións en entornos dixitais e social-media relacionadas co proceso de busca de emprego. Ademais completarase cunha introdución á Rede Eures, que é o portal de emprego da unión Europea. Esta actividade conta con 50 prazas.

O prazo para apuntarse nos diferentes talleres remata o día anterior a celebración do mesmo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de presentación.

As persoas interesadas poden descargar a ficha de inscrición nas páxinas www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect ou recollela no propio Espazo Lab


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova