Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo día 21 de novembro terá lugar o sorteo dos locais de ensaio na Casa da Música


# Martes, 15/11/2011


Imaxe Asociada

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, informa que o próximo luns 21 de novembro ás 18:00 horas vaise celebrar o sorteo dos locais de ensaio da Casa da Música.

Poderán anotarse todos os grupos de Lugo que estén inscritos no censo de grupos musicais, pero terán preferencia os grupos compostos por menores de 35 anos e censados no municipio.

Os interesados en participar no sorteo poden inscribirse na Casa de Música, todos os días de 17.00h a 22.00h ou mandar un e-mail a cmusicaarrobaconcellodelugo.org .

A Casa da Música é un punto de encontro para os grupos musicais da nosa cidade, está composta por dous locais de ensaio e unha sala multiusos para a realización de actividades e concertos. O material do que dispón é o seguinte:

SALA 1

- 1 mesa de mesturas amplificada marca Gigrac 100 ST
- 2 altofalantes JBL mod. JRX 100
- 2 amplificador guitarra Hughes & Kettner mod. Matrix 100
- 1 amplificador baixo Hughes & Kettner mod. BK 200
- 1 batería marca Ludwig mod. Accent CS
- 2 micrófonos marca Shure mod. SM 58 e Beyerdynamic Opus 29-S
- 2 atrís

SALA 2

- 1 mesa de mesturas amplificada marca Gigrac 100 ST
- 2 altofalantes JBL mod. JRX 100
- 2 amplificadores guitarra Hughes & Kettner mod. Matrix 100
- 1 amplificador baixo Hughes & Kettner mod. BK 200
- 1 batería marca Ludwig mod. Accent CS
- 2 micrófonos marca Shure mod. SM 58

SALA COMÚN

- 15 plataformas modulares
- 80 cadeiras pregábeis
- 2 altofalantes marca JBL
- 6 focos iluminación escenario

Coñeza a Casa da Música e os espazos xuvenís do Concello de Lugo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova