Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dende hoxe pódese solicitar unha praza para o curso formativo de rehabilitación e traballos en pedra


# Martes, 15/11/2011
Quince desempregados beneficiaranse desta iniciativa que conta co respaldo da Deputación, do Concello e da Fundación Laboral

Hoxe ábrese o prazo para os interesados en participar na acción formativa Rehabilitación de espazos públicos en traballos con pedra que desenvolven o Concello de Lugo, a Deputación provincial e a Fundación Laboral da Construción. Desta maneira, 15 desempregados terán a oportunidade de aprender o oficio de canteiro que rexistra escaseza de man de obra cualificada.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o 1 de decembro e os interesados poderán entregar a documentación no rexistro xeral do Concello de Lugo en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A acción formativa desenvolverase dende decembro deste ano ata xuño de 2012 e terá unha duración de 640 horas nas que se inclúen prácticas que consistirán na rehabilitación de pequenas edificacións e espazos públicos existentes no Concello como lavadoiros, cruceiros, balados e fontes. Os alumnos participantes no curso recibirán unha axuda media por importe aproximado de 360 euros mensuais incompatible con outras axudas por desemprego.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, farase pública a lista das persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo que consistirá nunha entrevista curricular na que se valorará o tempo de permanencia na situación de desemprego, o interese na procura activa de emprego e a idoneidade da acción formativa para o curriculum do/da interesado/a.

A lista das persoas seleccionadas para a realización da acción formativa, así como as reservas publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Lugo, establecéndose un prazo de tres días naturais para as reclamacións.

Este convenio que está financiado con 150.000 euros pola Deputación e no que o Concello de Lugo colabora coa xestión administrativa do mesmo e facendo a selección dos benefeciarios/as do proxecto e a Fundación Laboral da Construción, facilita as súas instalacións e a súa experiencia na formación de profesionais en todas as especialidades do sector da construción.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova