Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o programa de Animación á Lectura e Contacontos na Biblioteca Municipal coa artista Soledad Felloza


# Mércores, 16/11/2011
A sesión de contacontos terá lugar este xoves, 17 de novembro, ás 19:00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Dado que o aforo é limitado, hai que retirar as invitacións na propia Biblioteca

Na Biblioteca Municipal continúa o ciclo de actividades de Animación á Lectura e Contacontos deseñado especialmente para os máis pequenos pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Esta iniciativa busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos e obradoiros de monicreques ou de creación literaria cos que se fomenta o gusto polos libros e se estimula a imaxinación dos máis cativos. Para este trimestre están programadas catro sesións de contacontos dirixidas a nenos de 3 a 12 anos e que teñen unha duración prevista de 45 minutos. Estas actividades son gratuítas e celébranse cada quince días os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 30 participantes) hai que retirar as invitacións na mesma biblioteca.

A próxima cita, que terá lugar este xoves, 17 de novembro, estará protagonizada pola actriz e dramaturga Soledad Felloza. “O Libredón, un bosque máxico” é o novo espectáculo desta contacontos, que leva máis de 23 anos sorprendendo cos seus relatos orais tanto a nenos como a adultos. Nesta ocasión presentará o misterio do Libredón, o bosque máxico no que se custodia o arca de Santiago.

Continúa o ciclo coa sesión de Iago López o 1 de decembro, que vai contar a historia de “Marcial, cempés”, o cal quere ser bailarín pero o feito de que ten cen pés non lle axuda nada na súa carreira no ballet.

A responsable de pechar o programa será Fátima Fernández, co seu espectáculo “Unha granxa diferente” onde os animais que a habitan non son o que aparentan, queren ser o que non son e queren vivir como os outros… Un grupo de animais que vai sorprender moito.

Coñeza a Biblioteca Municipal

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova