Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou as actividades que se van celebrar co motivo do Día en Contra da Violencia de Xénero


# Xoves, 17/11/2011
A Concelleira tamén anunciou que xa está o borrador definitivo do III Plan de Igualdade que se porá en marcha a comezos do 2012

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou as actividades que se van a desenvolver entre os días 23, 24 e 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero.

Carmen Basadre explicou o programa que este ano se centra en analizar a custodia compartida obrigatoria a través de destacados especialistas. As actividades comezan o mércores 23 de novembro coa entrega de premios aos gañadores dos concursos de fotografía Revelando o machismo e o de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. O cartel gañador deste últimos certame é o que se emprega para a promoción desta xornada baixo o título Mulleres Libres e o lema Está nas nosas mans, está nas túas mans. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra ás 12:00 horas. Posteriormente farase unha exposición que recolle as obras que se presentaron a ambos certames.

O xoves 24 de novembro terá lugar unha xornada co título de Análise da custodia compartida e o SAP, dividida en dúas conferencia e nunha mesa redonda. No primeiro dos casos comezará as 09:45 horas e impártea Rosa Méndez Vila, membro do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, que ofrecerá os seus coñecementos en materia da custodia compartida e analizará a situación actual, ademais de aportar datos sobre os mesmos. A segunda delas será as 12:15 horas e será impartida por Altamira Gonzalo Valgañón, avogada e expresidenta da Fundación THEMIS de Mulleres Xuristas, que ofrecerá unha visión xurídica da custodia compartida.

Na mesma xornada do xoves 24, ás 19:00 horas, dará comezo unha táboa redonda sobre A custodia compartida imposta: pros e contras, na que intervirán Jesús García Calderón, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Estela San José Asensio, maxistrada do Xulgado de Instrución nº 3 de Lugo, José Antonio Sampayo Moure, Xefe da Sección da Clínica Forense do IMELGA de Lugo, representantes dos grupos políticos e representante da Asociación Enriqueta Otero. Estas actividades terán lugar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O venres 25 de novembro ás 12:00 horas, levarase a cabo a tradicional ofrenda floral na praza de Santo Domingo como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura dun comunicado elaborado polo membros do Foro de Igualdade.


Foro Igualdade

Por outra parte, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, avanzou que “hoxe celebrouse o foro de participación en materia de igualdade, no que se aprobou o borrador definitivo do III Plan de Igualdade”. O próximo paso será que o aprobe a Xunta de Goberno Local e a partir dese momento presentarase para que os veciños e veciñas poidan coñecelo. Carmen Basadre adiantou que consta de sete áreas de actuacións nas que se desenvolverán máis de 100 accións coas que se pretende incentivar a igualdade en diferentes sectores sociais da cidade.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova