Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo celébrase a carreira do Corre con nós


# Venres, 18/11/2011


A Concellería de Deportes informou que xa está todo listo para a primeira proba do XII Circuíto Larsa Corre con Nós que se celebra este vindeiro domingo 20 de novembro nas Pistas de atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera.

Os horarios son os seguintes:
- 10:00 a 11:30 recollida de dorsais e chips para os atletas que non o fixeran con anterioridade.
- 12:00 categoría Mini ( 215 inscritos ) distancia 400 mt ( 1 volta ás pistas )
- 12:10 categoría A ( 375 inscritos ): distancia 800 mt ( 2 voltas ás pistas )
- 12:20 categoría B ( 292 inscritos ): distancia de 1650 mt
- 12:30 categoría C / D (236 inscritos ): distancia de 2600 mt
- 12:40 categoría Adultos ( 1481 inscritos ): distancia de 4900 mt

Entre os 1.118 rapaces e rapazas e os 1.481 adultos fan un total de 2.599 atletas inscritos para esta primeira proba do calendario atlético lucense.

Os listado dos rapaces e rapazas inscritos en categorías menores están colgados na web municipal do CCNOS no apartado Circuíto de Rapaces para poder comprobar a súa inscrición.


deportes.lugo.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova