Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aforrará máis de 140.000 euros anuais cos novos contratos de telecocomunicacións


# Venres, 18/11/2011
Francisco Fraga asegurou que o “somos o Concello que máis rede de fibra óptica temos nas dependencias municipais en Galicia”

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, presentou os novos pregos de cláusulas de contratación en materia de telecomunicacións que permitirá un aforro de máis de 140.000 euros ao ano. No primeiro dos casos,trátase do concurso de comunicacións que abrangue a telefonía fixa, móbil e datos de todas as dependencias municipais e que se contratará cun máximo de 210.000 euros, case un 29% menos que no ano anterior.

Francisco Fraga explicou que “pretendemos sacar un novo prego para unir a contratación de telefonía móbil e fixa e o mantemento destes dous servizos que ata agora se facían por separado o que permitirá un aforro substancial nas arcas municipais”. O concelleiro explicou que dende o ano 2007 os contratos anuais en telefonía e redes foi en aumento xa que se incorporando novas instalacións municipais que contan con fibra óptica e conexións de rede “polo que se fai necesario unir nun só toda a comunicación do Concello xa que ao sacar un único concurso de telefonía, os operadores poderán ofrecer mellores tarifas”.

O Concelleiro de Servizos Xerais tamén informou nese contrato inclúense o mantemento e modernización dos dispositivos móbiles e telefónicos, a ampliación da rede wifi a máis centros como o María Balteira, a nova biblioteca da Piringalla e a Casa da Xuventude. Francisco Fraga salientou que “somos o concello de Galicia con máis servizos de fibra óptica.”

Modernización do Centro de Proceso de Datos

O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización da Administración informou que tamén se vai modificar o prego de condicións para a subministración e implantación dun sistema de vistualización e de copia de seguridade para o Concello de Lugo. Este novo contrato que se fará por unha cantidade total de 240.000 euros, o que reduce nun 20% a asignación de anos anteriores. A implantación destes servizos que permitirán almacenar e poñer en marcha novos servidores que farán máis eficaz a administración electrónica.

Francisco Fraga explicou que se vai a elaborar en 3 fases anuais cunha aportación económica de 80.000 euros en cada ano, o que permitirá que en estes tres anos se poñan en marcha o proceso de virtualización, se substitúan os servidores da base de datos do Concello e, finalmente, a creación dun Centro de proceso de datos de apoio ao xa existente. “Con estas medidas conseguimos que non haxa que invertir nada en este materia durante os 6 próximos anos”, segundo Francisco Fraga.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova