Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao desbloquea co director xeral de Patrimonio da Xunta a situación do Museo de San Roque e da Fonte da Pinguela


# Venres, 18/11/2011
Concello e Xunta acometerán entre as dúas Administracións os traballos pendentes

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O tenente alcalde afirma que o patrimonio da cidade está por riba de calquera disputa política e anuncia que manterá unha “relación fluída” con todas as Administracións que teñen competencias na materia para buscar “vías de colaboración”

Bao trasladoulle a José Manuel Rey Pichel a súa preocupación pola situación de desatención na que se atopa a Muralla neste momento


O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, reuniuse onte en Compostela co director xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, José Manuel Rey Pichel, para desbloquear a situación na que se atopa o Museo de San Roque e a Fonte da Pinguela. Bao explicou esta mañá que a reunión foi “fructífera” e que servirá para “dar solución a estes dous asuntos, que levaban máis dun ano parados”.

No caso do Museo de San Roque, que foi pechado ao pouco de abrirse por unha serie de deficiencias arquitectónicas, Bao explicou que se lle buscará conxuntamente unha solución a eses problemas para “abrir de novo o museo con todas as garantías”. Para iso, a Dirección Xeral de Patrimonio encargará ao arquitecto que deseñou o edificio un proxecto que defina as medidas a adoptar para subsanar as deficiencias atopadas, como por exemplo filtracións de auga, para a continuación proceder á realización das obras precisas para solventar estas deficiencias, que serán costeadas polas dúas Administracións.

O mesmo ocorrerá no caso da Fonte da Pinguela. A vindeira semana o Concello recibirá o proxecto definitivo por parte da Xunta e iniciaranse as obras: dunha banda a Xunta encargarase da rehabilitación da fonte, de orixe medieval, e o Concello acondicionará o entorno, ubicado en pleno Camiño Primitivo, no barrio da Tinería.

Máxima colaboración

Antón Bao anunciou que “o Concello vai poñer a máxima colaboración nestes traballos” e avanzou a intención por parte do seu departamento de manter unha “relación fluída” con todas as Administracións que teñen competencia na materia para lograr “poñer en valor a tremenda riqueza arqueolóxica coa que conta Lugo”. “O patrimonio da cidade debe estar por riba de calquera disputa política”, dixo Bao.

O tenente alcalde tamén lle transmitiu ao director xeral de Patrimonio a súa preocupación pola situación na que se atopa a Muralla, en situación de claro abandono neste momento. Rey Pichel mostroulle a Bao o seu interese por solventar esta situación e explicoulle que está xa rematada a contratación da empresa encargada do mantemento anual do monumento e que en breve comezarán os traballos.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova