Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha xornada sobre o impacto dos servizos dixitais no medio rural


# Luns, 21/11/2011


Imaxe Asociada
A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, informou de que o próximo xoves 24 de novembro vaise celebrar un seminario baixo o nome de Rede de Participación cidadá en territorios rurais, organizada polo proxecto Parnet-tic e en colaboración coa Deputación de Lugo.

O proxecto PARNET-tic, que conta co apoio financeiro do programa SUDOE (FEDER), é un proxecto no que están a participar a Deputación e o Concello de Lugo, cuxo obxectivo principal é mellorar a prestación de servizos locais e a participación cidadá.

Esta xornada, organizada polos socios do proxecto, ten como finalidade fundamental concienciar sobre a importancia do acceso, sen exclusións, á Sociedade da Información, así como ofrecer información e resolver dúbidas sobre as solucións software e ferramentas TIC a implementar polo proxecto. Trátase dun evento de carácter internacional e multisede no que, en colaboración cos socios do Proxecto PARNET-tic, se levarán a cabo actividades interconectadas cos demais socios: a Cámara Municipal de Águeda, en Portugal, e as Deputacións de A Coruña, Huesca e Almería.

Estas xornadas permitirán coñecer, da man de expertos nacionais, as vantaxes que ofrece ao cidadán a implantación e uso extensivo das ferramentas de administración electrónica.

Xornada en Lugo

En Lugo a xornada organizada polo Concello de Lugo terá lugar o 24 de novembro a partir das 10:00 horas no Centro de Innovación Social, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos, 2º andar, s/n, Lugo.

Este día achegaranse a Lugo os mellores especialistas na materia, para tratar temas como o impacto das redes sociais no medio rural, ou as oportunidades innovadoras para a creación de emprego nas zonas rurais.

A xornada será retransmitida nas redes sociais a través da contas de Europe Direct Lugo en facebook e twitter: http://www.facebook.com/europedirect.lugo e http://twitter.com/eudirectlugo

Para inscribirse nesta xornada hai que chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio lucense. Tamén se pode realizar a inscrición a través da páxina web www.lugo.es ou www.deputacionlugo.org




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova