Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco entregou os diplomas aos alumnos do primeiro curso de rehabilitación en canteiría


# Luns, 21/11/2011
O Alcalde de Lugo anunciou a participación destes alumnos nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e o presidente da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad, fixeron entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas que participaron no primeiro curso de rehabilitación en canteiría enmarcado no Plan Urban.

López Orozco anunciou que “queremos que este curso teña continuidade co cal, como xa é efectiva a licitación da obra do Vello Cárcere, nesta rehabilitación vaise necesitar man de obra de canteiros e o máis axeitado é que os propios alumnos sexan os que o fagan e demostren a súa calidade traballando coa pedra.”

Esta acción formativa tivo unha duración de 6 meses nos que se impartiron 540 horas de contidos prácticos e teóricos sobre o oficio de canteiría xa que estaba orientado para que os alumnos e alumnas consigan realizar os traballos máis habituais que se realizan nas rehabilitacións de edificios, na colocación de todo tipo de pavimentos de pedra e nas tarefas de mantemento en pedra.

José López Orozco referiuse ao “escepticismo dos propios alumnos ao comezo do curso ante as súas habilidades pero agora podedes demostrar como traballades a pedra” e “aos novos camiños grazas aos coñecementos adquiridos nesta acción formativa”.


Acción formativa en canteiría para 2012
O Alcalde de Lugo tamén informou que “está aberto o prazo ata o día 1 de decembro para inscribirse no próximo curso que vai ter lugar durante a primeira parte do ano 2012 e do que se beneficiarán 15 desempregados” Este novo curso constará de 640 horas con prácticas na rehabilitación de espazos públicos do Concello como lavadoiros, cruceiros, balados e fontes.

José López Orozco explicou que ante a escaseza de man de obra cualificada, a inexistencia dunha formación profesional específica para o sector da pedra natural e os altos índices de paro no sector da construción “pensamos que a canteiría é unha boa opción para a inserción laboral dos desempregados xa que tendo formación abre as portas a novos contratos laborais”.

Esta acción formativa está enmarcada dentro dun convenio asinado entre a Deputación, que financia o curso con 150.000 euros, o Concello de Lugo, que colabora coa xestión administrativa do convenio e a selección dos benefeciarios/as do proxecto e a Fundación Laboral da Construción, que facilita as súas instalacións e a súa experiencia na formación de profesionais en todas as especialidades do sector da construción.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova