Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O carril do Son e a calella do Hospital quedarán conectados a través dun vial público previsto no PEPRI


# Mércores, 23/11/2011
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de expropiación do solo e construcións apegadas ao convento das Madres Agustinas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O primeiro tenente de Alcalde e responsable das Áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o terceiro tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deron conta dos asuntos tratados esta mañá en Xunta de Goberno.

Así, o Concelleiro de Urbanismo, informou que se aprobou a expropiación do solo e das construcións apegadas ao convento das Reverendas Madres Agustinas situado na praza de Santo Domingo, concretamente entre a calella do Hospital e o Carril do Son. A valoración, a través de taxación do prezo xusto, ascende a 102.826 euros que corresponden aos 441 metros cadrados que pasarán a ser do Concello. A indemnización repártese da seguinte maneira: 92.934 euros para o Convento das Madres Agustinas, e o restante entre varios inquilinos que ocupan en réxime de aluguer das construcións anexas ao convento.

Luis Álvarez explicou que “a obtención destes terreos ten como finalidade a apertura dunha vía pública contemplada no PEPRI para comunicar o carril do Son coa calella do Hospital para seguir mellorando o urbanismo da zona histórica.”

Na Xunta de Goberno tamén se aprobou a concesión de licenza para a construción dunha nave industrial da empresa Decathlón no parque industrial das Gándaras. O proxecto contempla o uso terciario e comercial de categoría de mediano comercio e de garaxe aparcamento cun presuposto de 1.198.845, 80 euros.

En materia de licenzas, Luis Álvarez, explicou que se concedeu unha licenza para a demolición e reformas na estación de servizo Río Miño, na estrada N-VI por importe de 348.334 euros. “O que se fai é desvincular a licenza de obra e a de actividade, a que se lle outorga neste momento é a licenza de demolición e reformas na estación de servizo. Posteriormente terá que solicitar a licenza de actividade porque é algo sometido á evaluación de impacto ambiental” segundo explicou o Concelleiro de Urbanismo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova