Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Como dar apoio a quen coida é un dos obxectivos dos médicos de coidados paliativos


# Xoves, 24/11/2011
Onte tivo lugar a xornada na que Iñaki Garaigorta, explicou como se debe axudar aos coidadores de enfermos terminais

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou o xoves 23 a conferencia do médico de Coidados Paliativos, Iñaki Garaigorta Erenguren, titulada Coidados Paliativos: Como dar apoio a quen coida e que tivo lugar no salón de actos do Centro Uxío Novoneyra.

O co-fundador da Unidade de Paliativos do antigo Hospital de Calde e agora médico de coidados paliativos no HULA, explicou cales son as mellores terapias psicolóxicas para os coidadores de pacientes paliativos xa que a última fase da enfermidade, a agonía, é probablemente a máis difícil experiencia de calquera ser humano debe afrontar. Ante esta situación créanse estados emocionais complexos, nos cales os problemas da propia patoloxía se mesturan con emocións relacionadas co abandono, a despedida e o medo.

Por iso, o acompañamento e coidado á persoa enferma nesta situación está intimamente ligado ao da persoa coidadora, como un binomio inseparable que requiren dunha atención non só médica, senón tamén emocional, de acompañamento no difícil trance.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova