Imprimir

COMO DAR APOIO A QUEN COIDA É UN DOS OBXECTIVOS DOS MÉDICOS DE COIDADOS PALIATIVOS


24/11/2011 Onte tivo lugar a xornada na que Iñaki Garaigorta, explicou como se debe axudar aos coidadores de enfermos terminais

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou o xoves 23 a conferencia do médico de Coidados Paliativos, Iñaki Garaigorta Erenguren, titulada Coidados Paliativos: Como dar apoio a quen coida e que tivo lugar no salón de actos do Centro Uxío Novoneyra.

O co-fundador da Unidade de Paliativos do antigo Hospital de Calde e agora médico de coidados paliativos no HULA, explicou cales son as mellores terapias psicolóxicas para os coidadores de pacientes paliativos xa que a última fase da enfermidade, a agonía, é probablemente a máis difícil experiencia de calquera ser humano debe afrontar. Ante esta situación créanse estados emocionais complexos, nos cales os problemas da propia patoloxía se mesturan con emocións relacionadas co abandono, a despedida e o medo.

Por iso, o acompañamento e coidado á persoa enferma nesta situación está intimamente ligado ao da persoa coidadora, como un binomio inseparable que requiren dunha atención non só médica, senón tamén emocional, de acompañamento no difícil trance.