Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga inaugura as xornadas sobre redes de participación cidadá en territorios rurais e a necesidade da implantación das novas tecnoloxías


# Xoves, 24/11/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, inaugurou xunto coa Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, as xornadas sobre Rede e Participación cidadá en territorios rurais, organizada a través do proxecto Parnet-Tic e no que tamén participou a Deputación de Lugo.

O seminario que se celebrou no Centro de Innovación Social In Lugo tiña como obxectivo difundir entre as administracións locais, empresas e veciños as posibilidades que ofrece o uso das novas tecnoloxías na zona rural, unha iniciativa financiada nun 70% con fondo europeos a través do proxecto Parnet- Tic.

Francisco Fraga destacou “que grazas a este proxecto e ao esforzo do Concello de Lugo puidemos levar numerosos cursos de alfabetización dixital aos diferentes telecentros rurais cos que conta o noso municipio.”

Ás xornadas acudiron unha trintena de persoas entre técnicos locais de emprego, representantes de empresas, asociacións e veciños en xeral. O programa contaba con catro intervencións nas que participaron en primeiro lugar, Juan Diego Gallego, director executivo de Zeenla, unha empresa lucense dedicada á prestación de servizos de marketing e publicidade a empresas, falou do impacto das redes sociais no medio rural. Seguidamente, o director do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación, Pablo Rivera, presentou as actuacións e aplicacións informáticas desenvolvidas polo organismo provincial no marco do Parnet-TIC; Marta Álvarez Quintero, xerente de Granxa Maruxa, en Monterroso, expuxo a súa experiencia como promotora dun proxecto innovador de éxito; e Daniel Cerqueiro, director da firma Galinus, dedicada á comunicación por Internet, e vicepresidente da Asociación de Empresas Galegas dedicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET), explicou as oportunidades das TIC para crear emprego nas zonas rurais.

O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa e o director do INLUDES, Luis Edrosa, foron os encargados de clausurar o encontro, que rematou cunha mesa redonda sobre a administración electrónica e o rural celebrada a través de videoconferencia.

Este seminario forma parte dun ciclo de xornadas organizado polos socios españois e luso do Parnet-TIC para difundir entre administracións públicas, empresas e sociedade en xeral as actuacións levadas a cabo a través do programa co fin de que poidan aproveitar nun futuro as experiencias implantadas. A xeira de encontros divulgativos arrancou o luns no municipio portugués de Águeda e, tralo celebrado hoxe en Lugo, continuará o 28 na Coruña, o 29 en Huesca e o 30 en Almería.

O proxecto PARNET-tic, que conta co apoio financeiro do programa SUDOE (FEDER), é un proxecto no que están a participar a Deputación e o Concello de Lugo, cuxo obxectivo principal é mellorar a prestación de servizos locais e a participación cidadá.

A xornada foi retransmitida nas redes sociais a través das contas de Europe Direct Lugo en facebook e twitter: http://www.facebook.com/europedirect.lugo e http://twitter.com/eudirectlugo

Coñeza o proxecto Parnet-TIC



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova