Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello remata os actos no Día Contra a Violencia de Xénero cunha ofrenda floral e un manifesto en recordo das vítimas


# Venres, 25/11/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello de Lugo sumouse ós actos do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, con numerosos actos celebrados nos últimos días, que concluíron coa ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia.

O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e outros membros da corporación, así como o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, participaron nos actos celebrados na praza de Santo Domingo, e que concluíu coa lectura do manifesto elaborado polo Foro de Participación pola Igualdade.

Tras unha breve intervención de Carmen Basadre na que dixo que “non me gusta estar dicindo sempre as cifras de vítimas, o realmente importante é que todas teñen os mesmos dereitos como persoas a vivir, a ser libres e a escoller libremente a vida que desexen.” A continuación, Ruth León Gabarri, representante do Secretariado Xitano deu lectura ao manifesto contra a violencia de xénero.

No manifesto faise un chamamento “a sociedade para que se mobilice e se comprometa na loita contra esta inmensa crueldade que só produce dor, medo e morte ás mulleres vítimas” sen esquecer “aos menores que a padecen e ás súas familias e amizades que a sufrirán para sempre.”

Tamén expón o manifesto que “os últimos recortes en políticas sociais tanto do Goberno central como do goberno da Xunta de Galicia, están afectando negativamente ás mulleres e á igualdade, facendo máis difícil a loita contra a violencia de xénero.” Este texto incidía en que “a pesar de que o goberno autonómico ten a obriga directa de poñer en marcha a protección ás vítimas e de xestionar as axudas económicas decretadas polo Goberno Central para este fin, nalgunhas comunidades autónomas, os concellos asistimos a recortes indiscriminados que mostran a falta dun compromiso firme que sitúe a sensibilización e a erradicación da violencia de xénero nas prioridades da axenda política”.

Considera ademais que “ é preciso que se poña en marcha unha auténtica rede galega de acollemento, coordinada, planificada e con unificación de criterios de actuación; así como a posta en marcha dun centro de recuperación integral para as vítimas de violencia de xénero e os seos fillos e fillas, tal e como establece a lexislación galega.”

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova