Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha para nenos e nenas un concurso de Cartas aos Reis Magos para facer de paxes na cabalgata


# Venres, 25/11/2011
Bao presentou tamén as bases da XIV edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que está dotado con 3.000 euros en premios

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O tenente alcalde, Antón Bao, anima a todos os nenos e nenas a participar neste concurso, que se pon en marcha por primeira vez

As cartas deberán presentarse no Concello antes do 22 de decembro. As 20 mellores cartas darán acceso ás carrozas das súas Maxestades de Oriente


O Concello de Lugo pon en marcha de cara a este Nadal un concurso de Cartas aos Reis Magos. O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, presentou esta mañá este certame, que é a primeira vez que se organiza, e animou a participar nel a todos os nenos e nenas de Lugo de entre 9 e 12 anos. O premio para as 20 mellores cartas será poder acompañar aos Reis Magos na súa estancia en Lugo o día 5 de xaneiro durante a tradicional cabalgata.

Bao explicou que tomouse esta decisión diante da grande demanda existente todos os anos para participar na cabalgata. Deste xeito, dixo, quérese incentivar a creatividade literaria dos nenos e nenas dende idades temperás e premiar a aqueles que máis esmero poñan nas súas cartas converténdoos en paxes das súas Maxestades de Oriente na súa visita anual a Lugo.

As cartas non poderán superar un folio de extensión e o contido e forma serán libres, coa única premisa de que deberán comezar pola frase “Meus queridos Reis Magos”. O prazo de entrega dos orixinais no Concello remata o 22 de decembro.

Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2011

O responsable de Cultura do Concello tamén presentou as bases da edición deste ano do Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2011, que cumpre a edición número catorce. Este ano poderán presentarse traballos en lingua galega dunha extensión máxima de 20 folios (36.000 caracteres). O prazo de entrega dos traballos remata o 30 de decembro.

Os relatos deberán ser orixinais e inéditos e o tema dos traballos será libre. Cada autor ou autora poderá presentar como máximo dous relatos. O Ánxel Fole esta dotado este ano con tres premios, de 1.500, 1.000 e 500 euros, segundo deu a coñecer esta mañá Antón Bao.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova