Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este xoves 1 de decembro remata o prazo para pedir as subvencións das Inspeccións Técnicas de Edificios


# Luns, 28/11/2011


O prazo para facer a solicitude das subvencións municipais para pasar a inspección técnica de edificios, remata este xoves día 1 de decembro. A subvención, destinada a persoas con poucos recursos, pode chegar ata o 75% do custe da inspección se se fai dentro do período voluntario que remata o 31 de decembro, e que este ano afecta aos inmobles construídos entre 1952 e 1965.

A partida que se destina para este ano 2011 é de 52.262 euros dos que se poderán beneficiar os veciños con poucos recursos que non sexan propietarios de máis dun inmoble. As persoas que cumpran este requisito e que xa pasaran a ITE ou a teñan encargada para facela antes do 31 de decembro poderán solicitar a axuda.

Poderán acceder a esta subvención todos os veciños que teñan a obriga de pasar a ITE este ano e que conten cuns ingresos inferiores a 13.299,30 euros. As axudas daranse a todas as persoas con recursos escasos que pasen a inspección técnica de edificios no período voluntario, é dicir antes do 31 de decembro.

Nas bases da convocatoria dáselles prioridade as persoas discapacitadas ou que teñan algún discapacitado ó seu cargo, e a maiores de 65 anos, en segundo lugar ás familias numerosas, a continuación a familias monoparentais que teñan fillos ó seu cargo e despois ós que ganen menos de 1,5 do IPREM.

Dende o Concello sinálase a importancia de facer estas revisións para garantir a seguridade dos edificios e dos cidadáns de Lugo.

Máis información no apartado Tramita na túa casa e na Concellería de Urbanismo.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova