Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo 1 de decembro remata o prazo para solicitar unha praza no curso formativo de rehabilitación e traballos en pedra


# Luns, 28/11/2011
Durante esta semana, no Espazo>Lab vanse levar a cabo obradoiros gratuítos para a busca de emprego

O próximo xoves 1 de decembro remata o prazo para inscribirse na acción formativa Rehabilitación de espazos públicos en traballos con pedra que desenvolven o Concello de Lugo, a Deputación provincial e a Fundación Laboral da Construción. Desta maneira, 15 desempregados terán a oportunidade de aprender o oficio de canteiro que rexistra escaseza de man de obra cualificada. Os interesados poderán entregar a documentación no rexistro xeral do Concello de Lugo en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A acción formativa desenvolverase dende decembro deste ano ata xuño de 2012 e terá unha duración de 640 horas nas que se inclúen prácticas que consistirán na rehabilitación de pequenas edificacións e espazos públicos existentes no Concello como lavadoiros, cruceiros, balados e fontes. Os alumnos participantes no curso recibirán unha axuda media por importe aproximado de 360 euros mensuais incompatible con outras axudas por desemprego.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, farase pública a lista das persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo que consistirá nunha entrevista curricular na que se valorará o tempo de permanencia na situación de desemprego, o interese na procura activa de emprego e a idoneidade da acción formativa para o curriculum do/da interesado/a.

Obradoiros gratuítos para a busca de emprego

Dende hoxe luns 28 e ata o próximo día 2 de decembro vanse levar a cabo diferentes obradoiros gratuítos para a busca de emprego. Desta maneira hoxe ten lugar un sobre Las reglas de oro para preparar un currículum vitae atractivo. Para mañá martes día 29, Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, no que se ensinará aos participantes como adquirir as habilidades necesarias para solventar unha entrevista de traballo e para poder transmitir con máxima eficacia a súa mensaxe. Este taller conta con 20 prazas.

Como preparar pruebas de selección para un puesto de trabajo, é o título do obradoiro que se impartirá o mércores 30 de novembro, nos que se dará a coñecer a tipoloxía de probas coas que se poden atopar nunha entrevista de traballo e daráselles os coñecementos necesarios para realizar dunha maneira máis eficaz as probas. Este taller conta con 30 prazas.

Día 2 de decembro, Estrategia social media para a búsqueda de emprego (redes sociais, blogs..) ao finalizar este taller os participantes estarán en condicións de emprender diferentes accións en entornos dixitais e social-media relacionadas co proceso de busca de emprego. Ademais completarase cunha introdución á Rede Eures, que é o portal de emprego da unión Europea. Esta actividade conta con 50 prazas.

O prazo para apuntarse nos diferentes talleres remata o día anterior a celebración do mesmo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de presentación

Máis información www.lugo.es/espazolab

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova