Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan os cursos de formación en novas tecnoloxías que se celebran na rede de Telecentros Rurais do Concello de Lugo


# Luns, 28/11/2011


Imaxe Asociada

A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, continúa a realizar os cursos de formación en novas tecnoloxías nos 21 telecentros rurais do Concello de Lugo. Nas próximas semanas celebraranse cursos nos telecentros de Bocamaos, Camoira, Meilán e Adai.

Estas actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías enmárcanse no Proxecto europeo PARNET-tic, no que participa o Concello de Lugo. Para anotarse basta con chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar aos usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía da zona rural, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

Tamén se impartirá formación sobre o funcionamento de catro aplicacións informáticas postas en marcha con este proxecto: Sistema de Localización e Información Xeoreferenciada, Plataforma de SMS, Plataforma de Información Xeorefenciada do Punto Limpo e Sistema de Consultas. Estas aplicacións ofertarán novos servizos aos cidadáns do rural e crearán unha canle de comunicación áxil e efectiva entre a cidadanía, as empresas e o Concello.

Programación dos cursos nos telecentros rurais

Vanse celebrar cursos entre os días 28 de novembro e o 2 de decembro no Telecentro de Bocamaos en horario de 17:00 a 19:00 e no Telecentro de Camoira entre as 19:30 e as 21:30 horas.

Na semana do día 5 ao 9 de decembro hai cursos nos Telecentros de Meilán de 17:00 a 19:00 horas e no de Adai entre as 19.30 e as 21:30 horas.

Coñeza a rede de telecentros rurais.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova