Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as obras da Avenida da Coruña, que favorecerán a actividade comercial e servirán para mellorar a seguridade vial tanto dos peóns como dos condutores


# Martes, 29/11/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os traballos consistiron no fresado e renovación do pavimento no tramo comprendido entre Paulo Fabio Máximo á Rúa Pertetuo Socorro, a renovación da sinalización e o repintado dos pasos de peóns

A obra foi executada nun tempo record e contou cun orzamento de 221.000 euros aportados pola Deputación Provincial
 
O Concello executou ademais un proxecto complementario por un importe de 25.000 euros para mellorar a seguridade no paso de peóns de Monte Faro e o firme no tramo entre Curros Enríquez e Camiño de Pipín

Os traballos de repavimentación na Avenida da Coruña remataron hoxe e suporán unha mellora evidente no tráfico e a seguridade vial, así como tamén na actividade comercial desta rúa, unha das máis importantes da capital. A concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, que supervisou esta mañá o remate das obras, explicou que contaron cun orzamento de 221.000 euros que foron aportados pola Deputación Provincial, aos que o Concello sumou 25.000 euros para mellorar o firme nalgunhas zonas así como a seguridade nos pasos de peóns.

Os traballos, que consistiron no fresado e renovación do firme, foron executados en tempo record, coa finalidade de causar as menores molestias posibles tanto aos residentes como aos usuarios desta avenida. De feito, esta obra, que tiña un prazo inicial de execución de tres meses, finalmente foi realizada nun mes. As obras afectaron a diferentes tramos da Avenida da Coruña, desde Paulo Fabio Máximo ata a Rúa Perpetuo Socorro, que se foron cortando paulatinamente ao tráfico a medida que foron avanzando os traballos.

Esta mañá os operarios estaban a traballar na última fase das obras, que consiste no repintado e a reposición dos elementos de seguridade, unhas tarefas que estarán rematadas no día de hoxe. Co remate dos traballos, tanto os viandantes como os condutores que habitualmente utilizan esta rúa verán notablemente mellorada a súa seguridade vial, segundo explicou a concelleira nacionalista.

Unha densidade de tráfico de 14.000 vehículos ao día

A Avenida da Coruña é unha das avenidas máis importantes da cidade, tanto a nivel comercial como a nivel de tráfico. Soporta diariamente unha importante intensidade de tráfico, cuantificada en 14.000 vehículos/dia (8.000 de entrada á cidade e 6.000 en dirección saída),o que incidiu de diferente forma nos distintos tramos. A zona máis deteriorada a nivel de pavimento de calzada situábase entre a intersección con Perpetuo Socorro ata a intersección coa Avda Paulo Fabio Máximo, con tramos intermedios en bo estado. No tramo entre Curros Enríquez e Camiño de Pipín o mal estado do firme obrigou a profundizar máis para evitar que o asfalto se volvese deteriorar. Esta obra complementaria foi asumida polo Concello e tivo un custo de 25.000 euros.

Os traballos consistiron no fresado e renovación do firme, repóndose a capa de rodadura nos tramos afectados mediante mezcla bituminosa en quente cun espesor medio de 7 cm. A última vez que se actuara nesta avenida fora hai máis dunha década, en virtude dun convenio para mellora das travesías financiado polo Ministerio de Fomento. Para os traballos acometidos agora calcúlase unha vida útil de máis de 10 anos.

As obras xa remataron na Ronda de Fingoi e na Avenida Paulo Fabio Máximo

A obra da Avenida da Coruña forma parte dun convenio asinado coa Deputación Provincial no marco dunha serie de actuacións que está levando a cabo o Concello para renovar o pavimento daquelas avenidas deterioradas polo desgaste e a antigüidade. Actuouse en tres dos principais viais da cidade (Avenida da Coruña, Ronda de Fingoi e Avenida Paulo Fabio Máximo). O investimento total para estas tres obras foi de 500.000 euros.

Paz Abraira informou tamén de que as obras de renovación do firme na Avenida Paulo Fabio Máximo no tramo máis próximo á Avenida Duquesa de Lugo xa están rematadas. Neste caso as obras consistiron na renovación completa no firme dos catro carrís da avenida no tramo máis próximo á Avenida Duquesa de Lugo. O resto da vía xa foi renovada aproveitando as obras de urbanización acometidas nas parcelas próximas destinadas á construción de vivendas públicas. O tramo no que se actuou agora comprende uns 200 metros. O orzamento total é de 44.000 euros.

No caso da Ronda de Fingoi, cuxas obras remataron esta semana, os traballos consistiron tamén no fresado e renovación do firme nos dous carrís da marxe dereita en sentido descendente, dende o cruce coa Rúa Armórica ata Pintor Corredoira. O orzamento desta obra é de 235.000 euros. No outro sentido de circulación o pavimento foi renovado recentemente.

Coñeza o estado das obras.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova