Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 20 empresarios participaron na xornada sobre o emprego de persoas con discapacidade organizada polo Concello


# Xoves, 01/12/2011
Mañá venres darase lectura a un manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade ás 12:00 diante do Concello

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asistiu á xornada-debate sobre o emprego de persoas con discapacidade que se celebrou no salón multiusos do Espazo>Lab, organizada polo Concello de Lugo a través do centro de información europea Europe Direct-Lugo, e no que participaron entorno a 25 empresarios lucenses.

Esther Muñoz explicou que “para o Concello apoiar este tipo de actividades é moi importante xa que favorece o emprego de persoas que máis dificultades teñen de acceso ao mercado laboral” incidindo en que “a situación de crise non pode servir de excusa para que non teñan as mesmas oportunidades que o resto de cidadáns.”

Con esta xornada que estaba dirixida fundamentalmente a empresas, aínda que tamén asistiu público en xeral, o que se pretende é dar a coñecer aos empresarios o labor que fan determinadas asociacións de persoas con discapacidade en relación coa intermediación laboral. Na xornada participaron Feafes, Cogami, Síndrome de Down e Asociación de Persoas Xordas de Lugo, facendo de portavoz Beatriz Méndez que presentou a conferencia sobre Servizos de intermediación laboral das entidades de discapacidade.

Na mesa redonda posterior, participaron representantes de dúas empresas que teñen contratadas a persoas con discapacidade, Clara de Lorenzo do departamento de Recursos Humanos de Gadis e Oscar López-Castro de Recursos Humanos de Arenal, e tamén Miguel Angel Abel, traballador de Vrio Pack, e Mª Sol Justo, traballadora de Sanyres, ambos con discapacidade, que ofreceron o punto de vista dos dous ámbitos.

Manifesto
Por outro lado, mañá venres 2 de decembro ás 12:00 horas lerase un manifesto diante da Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o sábado 3 ,organizado pola Concellería de Servizos Sociais. O lema do manifesto deste ano é Non aos recortes. Polos dereitos sociais e a continuidade do sector da discapacidade.

www.lugo.es/espazolab

www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova