Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As asociacións de persoas con discapacidade reivindican que os gobernos non fagan recortes sociais


# Venres, 02/12/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros da Corporación Municipal, asistiron hoxe a lectura do manifesto có motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo na Praza Maior ás 12.00 horas.

Maribel Canto, en representación de ALUSOR, e Delfina Pérez, en representación da Asociación de Síndrome de Down, foron as persoas encargadas de proceder coa lectura do manifesto, cuxo lema este ano foi: Non aos recortes. Polos dereitos sociais e a continuidade do sector da discapacidade.

Antes da lectura, o Alcalde de Lugo quixo destacar o compromiso de todos para loitar e traballar “para que vivamos nun entorno con maior igualdade, e que o mundo da discapacidade, no que podemos estar calquera de nós, se recoñezan todos os dereitos e deberes que temos como persoas”.

Entre outras cousas o manifesto pide “un compromiso firme dos poderes públicos. Os gobernos deben comprometerse firmemente cos obxectivos de inclusión das persoas con discapacidade e das súas familias mediante o desenvolvemento de lexislacións, estratexias e decisións reforzadas que manteñan a discapacidade en postos relevantes e permanentes da axenda política.”

Ademais de facer unha mención a actual situación “a crise económica e social non pode servir de coartada ou pretexto para deter as políticas públicas de discapacidade e menos aínda para reducir os dereitos sociais ou a intensidade de apoios e recursos que deben recibir as mulleres e homes con discapacidade para asegurar o seu proceso de inclusión na comunidade e un nivel de vida digno.”



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova