Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora na Campaña de fomento de compras de Nadal que leva a cabo a asociación de Mulleres Empresarias


# Venres, 02/12/2011
Presentouse esta mañá diante da Casa do Concello e vai consistir nun concurso de tarxetas de Nadal

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde animou ós lucenses a comprar este Nadal nos comercios de Lugo

O Alcalde, José López Orozco, animou ós lucenses a facer as compras do Nadal no comercio de Lugo durante a súa intervención na presentación da Campaña de fomento das compras de Nadal que organiza a asociación de Mulleres Empresarias, na que colaboran o Concello, a Deputación, a Federación de Comercio e a Xunta.

“Sempre se di, e dise ben, que hai que facer un consumo responsable, e eu creo que o consumo responsable, neste momento e nesta cidade, é consumir no comercio de Lugo, que está suficientemente acreditado polos seus produtos e o seu trato”, indicou o Alcalde.

López Orozco manifestou tamén que “o Concello sempre está disposto a esta colaboración co comercio de Lugo, que favoreza a economía e a vida da cidade; ahí está ese acordo que hai desde hai moitos anos coa Federación de Comercio para alumear as rúas no Nadal, que podemos ver desde onte e, neste caso, colaboramos encantados tamén coas Mulleres Empresarias”.

A Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo, Beatriz Varela, explicou que a Campaña consiste nun Concurso de tarxetas de Nadal. “O que pretendemos é que as persoas que queiran consultar recollan as tarxetas nos establecementos adheridos á asociación, imos participar 10.000 tarxetas e pode participar todo o mundo a partir de 6 anos”, segundo indicou. Tamén sinalou que “establecemos catro categorías e repartiremos 2.500 euros en premios, que consistirán en 50 vales por importe de 50 euroscada un e uns lotes de libros”.

A Campaña comeza hoxe e prolongarase ata o día 20. O día 21 farase a entrega dos premios. Os participantes deberán deseñar as súas tarxetas e deben colgalas nas arboriñas que están instaladas na praza Maior.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova