Imprimir

ABERTO O PRAZO DE RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR


7/12/2011

O prazo para a recollida de vales para a adquisición de libros e material escolar para o presente curso 2011-2012 está aberto ata o día 23 de decembro, segundo informa a Concellería de Educación.

As persoas solicitantes poden coñecer o estado da súa solicitude chamando ó teléfono de información do Concello, 010, ou consultar as listas que se expoñen no Taboleiro de Edictos do Concello.