Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE A 100 NENOS E NENAS DE PRIMARIA QUE COÑECERON O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO


9/12/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a 100 escolares de 2º e 3º de primaria procendentes dos colexios lucenses María Auxiliadora e Divina Pastora, respectivamente, que coñeceron a composición e o funcionamento dun concello. Ademais, os máis pequenos entregáronlle ao Alcalde debuxos sobre a súa concepción da entidade municipal e das figuras políticas.

López Orozco incidiu na importancia de que dende pequenos se coñezan as normas democráticas e o traballo que se leva a cabo dende organismos como os concellos ou as autonomías.