Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 010 atendeu dende o ano 2005 preto de medio millón de chamadas


# Venres, 09/12/2011


Imaxe Asociada

A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa informou que o teléfono 010 do Concello de Lugo nos anos que leva funcionando atendeu 458.407 chamadas. Este servizo de información funciona dende marzo do 2005 e presta atención telefónica para achegar a administración aos cidadáns, en horario de luns a venres de 08:30 a 20:30 e os sábados de 09:00 a 14:00, na actualidade consta de unha plantilla de 5 teleoperadoras.

Diariamente atende a unhas 410 chamadas aproximadamente aínda que os meses de maior volume de chamadas son o meses de Xuño e Outubro con motivo da celebración do Arde Lucus e do San Froilán chegando as 620 chamadas diarias. Cabe destacar que o tramo horario cun maior volume de chamadas é o comprendido entre ás 10:00 da mañá e a 13:30 do mediodía, supoñendo un 75% do volume de chamadas diarias.

A tipoloxía de chamadas xestionadas polo 010 xiran entorno a avisos (como atascos na rede de sumidoiros, avarías no subministro da auga, limpeza das rúas e parques públicos), información municipal (como alta e a baixa no subministro da auga, información para empadroarse, como solicitar a tarxeta cidadá, a tarxeta do sistema ora, información sobre a ITE...), información extramunicipal (como actividades realizadas por entidades colaboradoras do Concello) e xestión de trámites (como as inscricións nas distintas actividades organizadas polas diferentes áreas municipais)

Tamén se pode empregar o correo electrónico do 010 (010arrobaconcellodelugo.org ) para complementar as chamadas telefónicas, deste xeito tamén se pode apreciar a súa tendencia á alza e neste último ano recibíronse 2.200 consultas a través del. No 2010, foron 2.100 mail e no 2009, 1.816.

Servizos do 010
Nestes anos tamén se levou a cabo a implantación dun novo servizo contestador fora do horario habitual do 010, que obtivo boa aceptación por parte da cidadanía. Dito contestador consta con tres opcións.
• A primeira deriva as chamadas á Policía Local.
• A segunda transfire a chamada o Servizo de Emerxencias.
• A terceira da cabida a suxestións, avisos, preguntas sobre información municipal que os cidadáns deixan a través dun contestador automático no que expoñen a súa consulta e aportan os seus datos de contacto para que o Servizo resolva a súas dúbidas no seu horario habitual. Dende que se implantou dito servizo, os cidadáns recibiron resposta ás mensaxes que foron deixadas en dito buzón por parte do persoal do Servizo de Información 010.

Así mesmo, merece unha mención especial o Servizo de Mensaxería que ben realizando o Concello dende fai cinco anos ofrecendo información municipal a través de mensaxes de texto nos teléfonos móbiles dos cidadáns; na actualidade conta con 1.850 persoas inscritas.

O Concello quíxose sumar ao aforro polos difíciles momentos que estamos a vivir, implantando unha nova canle para recibir esta mesma información, fomentando o emprego do correo electrónico, xa que é un servizo gratuíto, tendo moi boa aceptación por parte dos antigos usuarios, contando na actualidade con 2870 persoas inscritas, o que supuxo unha importante redución nos custes deste servizo.
Así mesmo dende o mes de Maio o servizo de información 010 ofrece o servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible.

As persoas que o desexen poden solicitar dito servizo mandando un SMS ao número 639 107 010, ben vía e-mail a dirección silse010arrobaconcellodelugo.org ou cubrindo o formulario da paxina web www.lugo.es (buzón de consultas para persoas xordas, Agora o 010 máis accesible).
Na actualidade estanse realizando diversas campañas informativas a cidadanía orientadas a explicar como realizar trámites co DNI electrónico, como tramitar a carpeta privada e a súas vantaxes, que trámites se poden realizar coa administración electrónica ou a utilidade da tarxeta cidadá.

http://www.lugo.es/ws/010

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova