Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Apróbase unha modificación do convenio con AcuaNorte relativo ao saneamento da Louzaneta e Arieiras


# Luns, 12/12/2011


Imaxe Asociada
Na Xunta de Goberno Local Extraordinaria que se celebrou esta mañá, o equipo de goberno aprobou a modificación do convenio de colaboración entre Augas da Conca do Norte (AcuaNorte) e o Concello de Lugo para a execución e explotación das obras Colectores xerais do río Miño en Lugo na súa segunda fase e que garanten a mellora do saneamento no polígono da Louzaneta e nas Arieiras.

Esta modificación do convenio, aprobado pola Xunta de Goberno Local celebrada en agosto de 2011 e solicitada por AcuaNorte, serve para incluír que a aportación que realiza dita institución será con cargo a subvencións do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Esta actuación conta cun presuposto total de 12.859.161 euros, deles o 70% serán a cargo de AcuaNorte e o 30% restante ao Concello de Lugo que se dividirán en catro anualidades (2011-2014).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova