Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ofrece un ano máis o programa "Nadal en Compañía" que ofrece ceas de Noiteboa e de Fin de Ano para persoas que vivan soas


# Martes, 13/12/2011
O venres 16 vaise celebrar un encontro de participación infantil para celebrar o Día dos Dereitos Humanos na que os nenos farán preguntas ao Alcalde

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Mañá mércores inaugúrase o mercadiño solidaria Diversiarte no fondo da praza Maior que estará aberto os días 14, 15 e 16 de decembro


A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz presentaron actividades que se van realizar nos próximos días. En materia de Servizos Sociais, anunciouse que este ano volve a celebrarse o programa Nadal en Compañía coa que se intenta que as persoas que están soas os días de Noiteboa e Fin de Ano poidan cenar en compañía.

Desta maneira, Ana G. Abelleira, explicou que “o obxectivo deste programa é que ninguén, se así o desexan, pase só as festas do Nadal, ofrecéndolle a posibilidade de compartilas ceas de Noiteboa e Fin de Ano nun clima de convivencia e participación con outros veciños e veciñas da cidade.”

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo luns 19 de decembro e as persoas interesadas en participar na celebracións destas ceas deberán pórse en contacto coa traballadora social do centro que lle corresponda, xa que teñen que estar empadroadas en Lugo, onde se lles informará ó respecto. As ceas de Noiteboa e Fin de Ano terán lugar no Restaurante “Porta Santiago” sito na Ronda da Muralla, a primeira entorno ás 20:00h e a segunda, coa que se dará comezo ao novo ano será ás 21:00h.

Estas ceas van destinadas, exclusivamente, aos veciños de Lugo que estén sós, polo que deberán de acreditar esta circunstancia co correspondente certificado de empadroamento e convivencia. As persoas que acudan deberán pagar unha cota de 10 euros por cada cea e aquelas, que polas súas circunstancias económicas non poidan facer fronte ó pago, quedarán exentas previo informe do traballador social.

Por outro lado, no fogar do transeúnte faranse as ceas de Noiteboa e Fin de Ano para as persoas transeúntes e sen teito como ven sendo habitual nestes anos.

Diversiarte
A Concelleira de Servizos tamén avanzou que mañá se inaugura ás 10:45 horas o Mercadiño Solidario Diversiarte que se instala no fondo da Praza Maior os días 14, 15 e 16 deste mes. Nesta edición haberá dous stand informativos nos que estarán representadas as asociacións da ONCE, Fademga, Aspace, Auxilia, Raiolas, Alucem e Lupus e 12 stand de venda onde se poderán mercar produtos realizados por asociacións como Alume, Agafi, Cogami, San Vicente de Paul, Afalu, Alcer, Adace, Asorlu, Alusir, Aspnais, Down ou Alufi.

Encontro participación infantil
Por outra parte, Esther Múñoz, explicou que o próximo venres 16 de novembro vaise celebrar un encontro de participación infantil no que 24 nenos de 4 colexios diferentes exporán propostas e preguntas en materia de dereitos infantís ao Alcalde e varias concelleiras.

Para esta actividade, cada colexio estudou os dereitos recollidos na Convención de Dereitos dos Nenos e van analizar se estes dereitos se cumpren no Concello de Lugo e máis tarde farán novas propostas ao Alcalde, José López Orozco, e as Concelleiras de Educación e Servizos Sociais, Esther Muñóz e Ana G. Abelleira. Os colexios participantes son o colexio Cervantes, o colexio Fingoi, o colexio Galén e o colexio Divino Maestro.

Esther Muñóz destacou que “o Concello de Lugo é o primeiro de Galicia que realiza este tipo de actividade que é moi importante para que os nenos e nenas coñezan as dereitos que teñen e para que os vexan reflexados na práctica en toda a cidade.”


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova