Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais inauguraron hoxe o Mercadiño Solidario Diversiarte, que permanecerá ata o venres no fondo da Praza Maior


# Mércores, 14/12/2011


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte
instalado no fondo da Praza Maior.

No acto de inauguración, o Alcalde animou a todos os lucenses a realizar as compras do Nadal neste mercadiño xa que “podedes atopar todo tipo de agasallos e produtos realizados por membros/as das diferentes asociacións.” Ademais destacou que dende o Concello mantense o compromiso de axudar as entidades sociais e asegurou que se seguirá facendo o esforzo para mantelo e para lograr unha igualdade real das persoas con algunha discapacidade.

O Mercadiño Solidario está incluído dentro do programa Diversiarte 2011, que se organiza dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, e que xa desenvolveu diversas actividades como a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo no Concello o venres día 3 de decembro.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas case 20 asociacións que participan, permanecerá na Praza Maior de Lugo dende hoxe, mércores 14 de decembro, ata o venres 16 de decembro, en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova