Cargando....
Concello de Lugo
25/09/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla de Lugo inspira a Valença do Minho para preparar a candidatura da súa Fortaleza ante a UNESCO


# Mércores, 14/12/2011
O Tenente de Alcalde, Antón Bao, reuniuse co responsable de cultura da cidade lusa para explicar o proceso de posta en valor do monumento

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Muralla romana de Lugo, ademais de ser un monumento único no mundo, foi escollida como referente polo goberno municipal de Valença do Minho para preparar a candidatura da súa fortaleza como Patrimonio da Humanidade que esperan presentar o ano que ven ante a UNESCO. Co obxecto de coñecer de primeira man todo o proceso levado a cabo en Lugo para obter a distinción mundial, unha representación do concello luso achegouse ata Lugo este mércores, 14 de decembro. O Tenente de Alcalde e responsable da Área de Cultura, o nacionalista Antón Bao, e a Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, mantiveron unha reunión coa comitiva portuguesa, integrada polo Vereador de Cultura Jose Temporao Monte, dous membros do gabinete da presidencia da Cámara de Valença do Munho e o arquiveiro e a arquitecta municipais.

Ao longo do encontro, que se celebrou na Casa Consistorial, os ediles lucenses transmitiron as distintas iniciativas levadas a cabo en Lugo para revalorizar a Muralla e amosaron o seu apoio aos representantes lusos avanzando futuros contactos con técnicos e personalidades lucenses que participaron no procedemento da declaración. O responsable portugués explicou que nos últimos vinte anos, sucesivos gobernos valoraron a posibilidade de presentar a súa fortaleza como candidata á distinción da UNESCO, e finalmente vai ser o ano que ven cando intenten pasar o exame da institución internacional. Temporao Monte indicou que Lugo é o principal referente nos traballos que xa están levando a cabo e amosou moito interese nas últimas iniciativas desenvoltas en materia de cultura e turismo, entre as que alabou o programa “Acórdate da Muralla” pola participación dos cidadás entorno a conmemoración do aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade, pois, un dos obxectivos que ten fixado o goberno luso e despertar o orgullo dos habitantes de Valença entorno a súa fortificación.

Logo da reunión, Antón Bao exerceu de guía excepcional e acompañou á representación lusa ao Centro de Interpretación da Muralla e nun percorrido polo adarve. Tamén aproveitou a ocasión para amosarlles a piscina da Praza de Santa María e as obras de restauración da Catedral.

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova