Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco fixo entrega dos diplomas do programa de formación Lugo Emprego Activo


# Xoves, 15/12/2011
Máis de 300 desempregados lucenses beneficiáronse dos diferentes cursos formativos da primeira edición do programa europeo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O ano 2012 dará comezo unha segunda edición do programa e que conta cun orzamento de 1.335.000 euros


O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Igualdade, Esther Muñóz, entregaron os diplomas de asistencia aos 105 participantes dos diferentes cursos de formación realizados dentro do proxecto Lugo Emprego Activo, que se desenvolvendo ao longo do ano.

Este programa promovido polo Concello de Lugo e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, estaba orientado a persoas en situación de desemprego que ademais da formación teórica recibiron prácticas remuneradas en empresas. Trátase dun proxecto integral de inserción laboral das persoas que participen nel tendo como obxectivo a consecución da integración no mercado laboral dos cidadáns con maiores dificultades de acceso a el.

Os cursos dos que se entregaron os diplomas foron o de técnico en transporte sanitario, que tivo dúas edicións cun total de 30 persoas; o de atención especializada a enfermos de Alzheimer, que tamén tivo dúas edicións con un total de 30 prazas; o de coidador ou coidadora de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, das que se elaboraron dúas edicións con un total de 30 persoas e un curso de mantemento de aire acondicionado e fluídos que tivo 15 prazas.

López Orozco explicou que “o equipo de goberno do Concello de Lugo vai seguir estando activo nestes programas de formación e procurar colaborar para que haxa formación e a través destas iniciativas que as persoas que queiran traballar atopen emprego.”

O Alcalde lembrou que a porcentaxe de inserción no programa Lugo Emprego Activo é, actualmente, do 20% a falta de coñecer os datos de inserción de estes últimos cursos dos que hoxe se entregaron os diplomas xa que remataron no mes de novembro. Esta porcentaxe pode considerarse moi positivo se temos en conta a actual situación de crise económica e tendo en conta que o perfil dos participantes neste proxecto son persoas que teñen especial vulnerabilidade de cara a la formación y ao empleo.

Lugo Emprego Activo 2
O Concello de Lugo, con fondos da Unión Europea, xa anunciou que o programa Lugo Emprego Activo vai ter continuidade durante o 2012 que terá un presuposto de 1.335.000 euros.

A concesión destes financiamento permitiralle ó Concello de Lugo garantir a continuidade do programa durante todo este mandato municipal, xa que esta segunda edición terá unha duración de 36 meses. Deste xeito serán alomentos 400 os desempregados de Lugo que se benefician nesta segunda edición das actividades de formación laboral.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova