Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Sala de Exposicións do C.C. Uxío Novoneyra acolle unha exposición de maquetas do lucense Manuel Pena


# Venres, 16/12/2011
A mostra inaugúrase esta tarde ás 20:00 horas e poderase visitar ata o 31 de xaneiro

Imaxe Asociada
A Casa Consistorial de Lugo, o Museo Provincial e edificios emblemáticos de Moscú ou Kioto son algunhas pezas que se poden ver

Un dos beneficios da xubilación é que permite dispor de tempo libre para destinar a actividades creativas e de aprendizaxe que na etapa laboral resultarían complicadas de abordar, un bo exemplo o representa Manuel Pena, que dende 1999 destinou boa parte dese tempo á fabricación de maquetas. Agora amosa unha ampla escolma dos froitos de tantos anos de laborioso traballo na Sala de Exposicións do C.C. Uxío Novoneyra. Na exposición, que se inaugura este venres 16 de decembro ás 20:00 horas, poderanse ver reproducións a escala de edificios emblemáticos de Lugo como son a Casa Consistorial ou o Museo Provincial, ademais de casas típicas, algunhas xa foron derrubadas, pero Manuel reconstruínas a medida grazas as lembranzas da súa infancia.

Ademais de inspirarse en Lugo, Manuel ábrese a influencias tan exóticas como Rusia ou Xapón, froito das viaxes da súa filla e tamén construíu espectaculares maquetas da catedral de San Basilio de Moscova e do Pavillón Dourado de Kioto.

Os materiais básicos que emprega Manuel Pena para construír as súas maquetas son madeira, barro, lousa e pedra o que lle permite abordar retos como a reconstrución de elementos típicos da cultura galega como unha cociña tradicional dun xeito moi meticuloso integrando detalles como as potes de ferro e os utensilios de guisar.

A mostra, que permanecerá aberta dende o 16 de decembro ata o 31 de xaneiro, pódese visitar de luns a venres de 16:00 a 21 horas. A entrada é gratuíta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova