Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe as obras de II Fase de Abastecemento de Auga de Lugo


# Venres, 16/12/2011
López Orozco tamén asinou un convenio con AcuaNorte para o saneamento da zona da Louzaneta e Arieiras

Imaxe Asociada
Técnicos do Concello de Lugo recibiron as obras que indican que a II Fase de Abastecemento de Auga de Lugo xa están rematadas e nas que estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Director Xeral de AcuaNorte, Juan Carlos Martín Fragueiro.

José López Orozco, explicou que “é un día moi importante xa que están rematadas as obras da II fase de abastecemento de auga, que tanto favorecen a cidade e ao polígono industrial do Ceao que xa van poder ter auga totalmente renovada e por outro lado leva auga xa reutilizada para aqueles industriais que non precisen auga potable pero si a auga reutilizada.”

As actuacións que se levaron a cabo cun presuposto de 7.691.725, 32 euros foi a execución das seguintes obras:
- Depósito de Peñarrubia.- Construíuse un novo depósito de regulación cunha capacidade de almacenamento de 25.000 m3, e dende o mesmo pode abastecerse polo efecto da gravidade a práctica totalidade do casco urbán de Lugo

- Condución Marcelle e o Ceao.- Realizouse unha nova condución entre os depósitos de Marcelle e o polígono de Ceao. Esta condución permitirá abastecer por gravidade dende Peñarrubia, tanto ao polígono de Ceao como ao futuro polígono de As Gándaras. A nova condución dende Marcelle ao Ceao conéctase con tuberías procedentes de Peñarrubia e da E.T.A.P.. Desta maneira tense a posibilidade de conectar á rede por gravidade dende Peñarrubia, sen pasar por ningún dos depósitos de Marcelle e sen ter problemas de exceso de presión.

- Condución de auga recirculada.- Dentro das actuacións contempladas na fase 1, incluíase una condución de 600 mm e tubería dende a EDAR ata a obra de toma do río Miño, para manter o caudal ecolóxico. Na fase 2, executouse unha condución nova para levar a auga reutilizada dende o depósito do Ceao ata a conexión co polígono As Gándaras e Marcelle.

Dende a ETAP antiga a auga reutilizada será bombeada aproveitando o antigo bombeo de auga potable e a tubería de aceiro de 900 mm existente. Desta forma, poderase aproveitar a condución para bombear a auga reutilizada ata Marcelle ou ben ata o depósito de Ceao.

- Actuacións nos depósitos existente en Marcelle.- Dos tres depósitos de 10.000 m³ existentes en Marcelle, rehabilitáronse dous de eles para auga reutilizada.

- Actuacións en obra existente.- Creouse unha rampa de acceso de minusválidos dende a estrada existente executando un camiño que permita ter un itinerario adaptado ata a plataforma da toma da auga.

Firma convenio con AcuaNorte
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, tamén asinou o convenio de colaboración entre Augas da Conca do Norte (AcuaNorte) e o Concello de Lugo para a execución e explotación das obras Colectores xerais do río Miño en Lugo na súa segunda fase e que garanten a mellora do saneamento no polígono da Louzaneta e nas Arieiras.

Esta actuación conta cun presuposto total de 12.859.161 euros, deles o 70% serán a cargo de AcuaNorte e o 30% restante ao Concello de Lugo que se dividirán en catro anualidades (2011-2014).


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova