Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco mantivo un encontro de participación infantil con nenos de colexios da cidade organizado por UNICEF


# Venres, 16/12/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Tamén participaron as Concelleiras de Educación e Servizos Sociais que contestaron as cuestións elaboradas polos escolares.


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz participaron nun encontro de participación infantil organizado por UNICEF para conmemorar a semana dos Dereitos dos Nenos.

No acto no que participaron 6 representantes de catro colexios de Lugo, os nenos eran os protagonistas xa que tiñan que presentar diferentes propostas e preguntas a nivel municipal ante representantes do goberno municipal, que é o responsable de que se cumpran os dereitos dos nenos a nivel local.

Durante unha semana os profesores preparaban e deron a coñecer a Convención dos Dereitos dos Nenos aos menores lucenses, desta maneira no colexio Cervantes traballaron material sobre a saúde e a igualdade; no colexio Fingoi sobre educación e protección; no colexio Galén sobre a participación e o xogo e no colexio Divino Maestro sobre a identidade e a familia. Desta maneira, o Alcalde respondeu e informou de todas e cantas preguntas se lle fixeron por parte do alumnado que participou.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova