O Alcalde, José López Orozco, anunciou no acto de apertura da Noite Aberta que o Concello de Lugo vén de ser galardoado co Premio Nacional de Comercio Interior 2011 na súa modalidade de Concellos, que concede o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A concesión deste premio foille comunicada hoxe ó Alcalde pola Directora Xeral de Comercio Interior. Este galardón recoñece o labor do Plan Urban na dinamización do comercio do Casco histórico de Lugo.
O Alcalde participou na apertura da segunda edición da Noite Aberta de Lugo xunto co Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, e as Concelleiras de Benestar, Carmen Basadre, e de Educación, Esther Muñoz.