Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ACADA O PREMIO NACIONAL DE COMERCIO INTERIOR 2011 GRAZAS Ó PLAN URBAN


16/12/2011 Anunciouno o Alcalde na apertura na II Noite Aberta, organizada polo Concello, a Deputación e a Asociación de Autónomas, Empresaria e Profesionais de Lugo

O Alcalde, José López Orozco, anunciou no acto de apertura da Noite Aberta que o Concello de Lugo vén de ser galardoado co Premio Nacional de Comercio Interior 2011 na súa modalidade de Concellos, que concede o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

A concesión deste premio foille comunicada hoxe ó Alcalde pola Directora Xeral de Comercio Interior. Este galardón recoñece o labor do Plan Urban na dinamización do comercio do Casco histórico de Lugo.

O Alcalde participou na apertura da segunda edición da Noite Aberta de Lugo xunto co Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, e  as Concelleiras de Benestar, Carmen Basadre, e de Educación, Esther Muñoz.

www.lugo.es/urban