Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As persoas que merquen no Mercado e na Praza de Abastos poderán ter ata 20 minutos de aparcamento gratis na Praza do Ferrol


# Luns, 19/12/2011


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, anunciou que dende hoxe ponse en marcha unha campaña de Nadal para promocionar as compras na Praza e Mercado de Abastos. Desta maneira, o Concello distribuíu 3.500 tiquets de aparcamento entre os praceiros para que repartan ao longo deste días entre os seus clientes. Desta maneira, as persoas que merquen nestes establecementos poderán ter ata 20 minutos gratis de estacionamento no aparcamento da Praza do Ferrol ata o día 6 de xaneiro, data na que remata o uso destes tiquets. Esta medida púidose adoptar ao chegar a un acordo, sen repercusión económica para o Concello, coa empresa Interparking que é a xestora dos aparcamentos públicos da cidade.

Francisco Fraga informou que se “trata dun plan piloto e se vemos que hai un maior volume de xente que se achega á Praza para facer as súas compras seguiremos facendo promocións para que a xente poida aparcar gratuitamente tanto no aparcamento da praza do Ferrol como no de Santo Domingo.” O Concelleiro fixo referencia aos problemas de aparcamento na zona “polo que existe unha maior dificultade para achegarse á praza por non ten onde deixar o coche” así que se pensou nunha alternativa para o fomento do comercio.

Do mesmo modo, Francisco Fraga lembrou que na rúa Quiroga Ballesteros hai varias prazas de zona ORA que, introducindo o número da matrícula do coche nunha das máquinas expendedoras de tiquets, os usuarios do Mercado e da Praza de Abastos teñen durante os primeiros 20 minutos aparcamento gratuíto.

Calendario 2012
O Concelleiro de Servizos Xerais tamén anunciou que para este ano 2012 o Concello non elaborará os calendarios que viña facendo ata agora. Esta medida supón un aforro de máis de 6.000 euros para as arcas municipais xa que “nesta época de crise o presuposto que se pode adicar a este tipo de calendarios son necesarios para dedicarllo a outras partidas como poden ser os servizos sociais” segundo declarou Francisco Fraga.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova