Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Está aberto o prazo ata o 22 de decembro para a inscrición na IX edición da "Busca do Tesouro"


# Luns, 19/12/2011
Carmen Basadre tamén anuncio que todos os interesados en participar nos Radares Xuvenís poden facelo ata o día 10 de xaneiro

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou as actividades que se van desenvolver durante o Nadal para os mozos e mozas de Lugo. Dentro das actividades que están previstas para buscar un ocio alternativo, celébrase a IX edición “Busca do Tesouro”, coa que se pretende que os participantes coñezan a cidade e profundicen na súa historia.

“Busca do Tesouro” celebrarase os días 26 e 27 de decembro en dúas categorías, de 14 a 17 anos e de 18 a 35 anos. Os interesados poden inscribirse, dende hoxe e ata o vindeiro mércores día 22 de decembro na Oficina de Información Xuvenil, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres, ou na Casa da Xuventude.

A actividade consta de dúas fases, cada unha delas con dez pistas, que se corresponderán con cada unha dos días de realización da actividades, e deberán realizarse no seguinte horario: maña de 10:00 a 13:30 e tarde de 16:30 a 19:30, no caso de non superar a primeira fase quedarase descalificado/a. Ademais haberá dúas categorías a Categoría A de 14-17 anos e categoría B de 18-35 anos. Ao longo de todo o día haberá “patrullas” de vixilancia da Concellería de Xuventude coa misión de comprobar que se cumpran estas normas.

Radares Xuvenís
Carmen Basadre tamén informou de que está aberto o prazo para a inscribirse no programa Radares Xuvenís 2011-2012 ata o vindeiro día 14 de xaneiro. Desta maneira, as rapazas e rapaces interesados en converterse en Radares Xuvenís, deberán presentar a solicitude de inscrición e a autorización correspondente, na OIX (Oficina de Información Xuvenil), situada no Centro Social Uxío Novoneyra, 3º andar, no seguinte horario: mañás de 09.00 a 14.00 horas e polas tardes de 16.30 a 19.00 horas ou na Casa da Xuventude, situada na rúa Xesús Bal e Gay, en horario de 10:00 a 13:30h e de 16:30h e de 21:30h.

Este programa ten como principal obxectivo coñecer máis a fondo as inquedanzas da xuventude da nosa cidade, tratando de recompilar datos sobre os intereses e aficións que moven aos adolescentes, co fin de poder estruturar e programar actividades e recursos encamiñados a dar maiores e mellores respostas ás mesmas.

Aulas Abertas
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude tamén informou que dende o luns 19 se abre o prazo para matricularse no programa de Aulas Abertas deste Nadal. Estas desenvolveranse os días 26,27,28,29,30 de decembro e o 2,3,4, e 5 de xaneiro en horario de 09:00 horas a 14.00 horas. Esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos terá lugar nos centros de convivencia da A Milagrosa, do Sagrado Corazón, de Fingoi, de Lamas de Prado, no María Balteira e no Uxío Novoneyra. O prezo será de 1 euro o día, e a inscrición poderá facerse ata o 23 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.

Ademais iniciarase un obradoiro de tear tradicional no Centro de Convivencia de Fingoi para nenos e nenas de 8 a 14 anos en horario de 10:00 a 11:30 horas os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2011 e o 2, 3, e 4 de xaneiro de 2012. O prezo é de 4,8 euros por neno.

http://www.lugo.es/radaresxuvenis

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova