Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

39 empresas preséntanse para facer a obra da segunda fase da rúa da Industria, no Polígono do Ceao


# Luns, 19/12/2011
Os traballos foron adxudicados hoxe á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L por un importe de 237.000 euros, 100.000 menos que o precio inicial de partida

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As obras comezarán de inmediato e estarán rematadas no mes de maio. Suporán a renovación completa deste vial, principal acceso dende o Ceao ao novo Polígono Industrial das Gándaras

A Concellería de Infraestruturas, que dirixe a nacionalista Paz Abraira, adxudicou hoxe as obras de renovación da segunda fase da rúa da Industria, un dos principais viais do Polígono do Ceao. A esta obra presentáronse un total de 39 empresas, segundo explicou hoxe Paz Abraira.

Os traballos consistirán na renovación de todos os servizos e na repavimentación da vía. Ademais, modificarase a mediana para facilitar o xiro dos camións, que neste momento teñen moitas dificultades para circular. A rúa da Industria é un dos principais viais do Polígono do Ceao e conecta directamente co novo Polígono das Gándaras, polo que o volume de tráfico previsto no futuro é moi importante.

Segundo deu a coñecer hoxe a responsable de Infraestruturas, a obra conta cunha subvención do Ministerio de Industria do 50%. O prezo de saída era de 340.000 euros, pero o grande número de empresas presentadas ao concurso posibilitou unha rebaixa de máis de 100.000 euros a favor do Concello. De feito, o prezo final de adxudicación foi de 237.000 euros. A empresa escollida na Mesa de Contratación celebrada esta mañá foi Construciones Ponciano Nieto S.L., con sede no municipio coruñés de Zas. A empresa ofrece a maiores unha garantía de 2 anos ao Concello sobre o resultado da obra.

Paz Abraira explicou que o parón existente este momento tanto no sector da construción como no de obra pública fai que se multiplique o número de empresas que se presentan aos concursos públicos que está ofertando o Concello de Lugo. Indicou sen embargo que das 39 empresas presentadas 8 foron excluídas por presentar baixas temerarias nos seus orzamentos.

Reunión coa Asociación de Empresarios do polígono

A concelleira nacionalista explicou que a obra comezará logo do Nadal e estará rematada en 4 meses. Anunciou tamén que nos próximos días se reunirá coa Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao e coas empresas afectadas polo corte de tráfico no vial durante o tempo que duren as obras para acordar as medidas necesarias para minimizar as molestias aos usuarios desta vía.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova