Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX edición do Torneo Internacional de fútbol sala de base "Cidade de Lugo" reunirá a máis de 1.400 deportistas


# Martes, 20/12/2011
A primeira fase disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro. A fase final será os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Imaxe Asociada
Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá a X edición do Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo.

Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, “este torneo ademais da importancia que ten dentro do mundo do deporte, tamén supón unha fonte de ingresos para os comercios lucenses xa que se reunirán moitas persoas de fora de Lugo”. Este ano,o torneo contará con 118 equipos participantes de Galicia, Portugal, Castela a Mancha, Cataluña, Comunidade de Madrid, ou a Rexión de Murcia.

A primeira fase do torneo disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro e terá 70 equipos participantes. A fase final será disputada por 48 equipos e terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Entre as dúas fases haberá 1.400 xogadores e xogadoras que participan nas distintas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino).

Os partidos xogaranse en distintas instalacións deportivas da cidade, como o Centro Deportivo Terra (categoría benxamín), a Casa do Deporte (categoría alevín), o Polideportivo O Palomar (categoría infantil) e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo (categoría cadete e fases finais).


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova