Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Adxudicadas as obras de alumeado público de varias rúas do barrio de Fingoi por un total de 327.500 euros


# Mércores, 21/12/2011
Tratase das rúas Pintor Corredoira, Armando Durán, Fernando Esquio, Cornubia, Trebo e a parte que falta das rúas Roi Xordo e Armórica, substituíndo instalacións de máis de 25 anos de antigüidade

A adxudicataria encargada da realización dos traballos é a UTE Esycsa-Etralux tendo un prazo de 3 meses para a súa finalización e posta en marcha

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou hoxe os traballos de iluminación de varias rúas do barrio de Fingoi. Tratase das rúas Pintor Corredoira, Armando Durán, Fernando Esquio, Cornubia, Trebo e a parte que falta das rúas Roi Xordo e Armórica, substituíndo instalacións de máis de 25 anos de antigüidade. O prezo de partida desta adxudicación era de 392.203,94 €, sendo a oferta gañadora a UTE ESYCSA - ETRALUX que presentou unha oferta de 327.451,06 €, 64.752,88 € inferior á cifra inicial.

Estes traballados forma parte doutra fase do Proxecto de Alumeado Público “Pintor Corredoira e Outras”, realizado polo Servizo Electromecánico e Industrial do Concello de Lugo. En outubro deste mesmo ano xa inaugurou o funcionamento de parte deste proxecto, o cal afectaba ás Rúas Escocia, Inés de Castro, Xoana de Castro, Erín, Codesal e parte de Mariña Española, Armórica e Roi Xordo.

A concellería de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, destacou que “pese a que a crise económica afecta de maneira notable á capacidade inversora do Concello, desde esta concellería apostamos por seguir mellorando a calidade de vida dos veciños con planificacións a medio e longo prazo” ademais de por en valor o compromiso e o traballo dos servizos municipais. Así mesmo, con está fase dáse cumprimento a unha demanda reiterada por parte da veciñanza, como é a iluminación do parque infantil da rúa Roi Xordo e as pistas de baloncesto situadas na Rúa Cornubia.

Mellora da eficiencia enerxética

A intervención realizada comprende diferentes prazas, rúas, xardíns, etc polo que o proxecto adaptouse á súa singularidade, tendo en conta as características propias dos diferentes espazos, tanto esteticamente como espacialmente.

A iluminacións que se substiturán contan con máis de 25 anos de vida, producíndose unha perda de eficiencia inevitable, co que esta circunstancia significa desde o punto de vista económico e ambiental.

Instalouse unha potencia total en lámparas de 27.086 W (sumándolle os equipos chegaría a 30.031 W). Prevense 4.287,5 horas de funcionamento anual sendo a enerxía consumida de 128.757,25 Kwh/ano cun custe anual aproximado de 10.980,59 €/ano.

Coñeza o estado das obras.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova