Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao visita a exposición do 125 aniversario do nacemento de Castelao no IES Leiras Pulpeiro


# Mércores, 21/12/2011
A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos estará aberta ata o venres

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua destaca a contribución de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ao mundo da literatura, a expresión artística e o pensamento galegos

O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, visitou hoxe no Instituto de Ensinanza Secundaria Leiras Pulpeiro de Lugo a exposición organizada co gallo do 125 aniversario do nacemento de Castelao, que estará aberta ata este venres.

O tenente alcalde estivo acompañado por membros da dirección do centro educativo e pola coordinadora de Dinamización Lingüística, Juncal Martínez Modia. A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, repasa a vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende o seu nacemento en Rianxo fai 125 anos, o seu traballo político durante a Segunda República e a súa creación artística e literaria no exilio.

Paneis, sistemas interactivos e música ambiental compoñen esta exposición, que percorrerá tres centros de ensino de toda Galiza, entre eles o IES Leiras Pulpeiro de Lugo. A exposición permanecerá no centro ata este domingo e poderá visitarse mañá en horario de 16:00 a 18:30 horas e o venres de 11:30 a 14:00 horas. Esta iniciativa busca difundir entre o estudantado a traxectoria vital deste polifacético galeguista.

Antón Bao, que loubou esta iniciativa do centro educativo, destacou a “contribución fundamental de Castelao á literatura, á expresión artística e ao pensamento político galego”, o que o converte “nun dos referentes da nosa cultura e da nosa historia como pobo”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova