Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou os orzamentos para o ano 2012


# Mércores, 21/12/2011
O Concello de Lugo terá un stand en Fitur pero non enviará representación política para aforrar gastos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe deu o visto e prace aos orzamentos do Concello para o ano 2012, segundo explicaron o primeiro tenente de Alcalde e responsable das Áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e a segunda tenente de alcalde e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

A Concelleira de Economía, explicou que as previsións de ingresos nos orzamentos son prudentes, non hai máis que ver que “as transferencias que prevemos que realice a Xunta descende considerablemente en vista, do acontecido este ano,” e incidiu en que “non facemos previsións infladas para que non nos pase como á Xunta que tivo que recortar o orzamento deste ano por facer unha mala previsión dos ingresos.” Así, a execución de ingresos do ano 2011, a previsión de novas altas e a previsión de participación dos ingresos do Estado anunciada polo Goberno no seu momento, son os parámetros obxectivos nos que están baseados nos orzamentos segundo explicou a Concelleira.

“Aínda non están definidas as liñas de financiamento para os concellos por parte do novo Goberno pero agardo que se manteñan as previsións anunciadas xa que de non ser así porían a todas as entidades municipais nunha situación insostible” segundo declarou Sonia Méndez que tamén quixo deixar claro que os lucenses son moi cumpridores coas súas obrigas tributarias.

Desta maneira, Sonia Méndez incidiu en que “todos os orzamentos que se pecharon por este Goberno local en anos anteriores foron con superávit, o que quere dicir que facemos ben as previsións, polo que as críticas do PP son infundadas e elas mesmas se desinflan cando se produce a liquidación dos orzamentos.”

A Xunta de Goberno Local, aprobou o proxecto de orzamentos para 2012 cun importe de 91.915.290 euros, é dicir, 1,8% máis con respecto ao do ano 2011. Como se anunciou en numerosas ocasión, estes presupostos dan prioridade ós servizos sociais e ó emprego, xa que se inclúen unha partida de 3.773.000 euros para persoas dependentes, 1 millón de euros para as escolas infantís ou 315.684 euros, un 486% máis que o ano pasado, para o importe das becas para inserción laboral de persoas desempregadas.

Sonia Méndez tamén detallou que “o investimento en obras increméntase un 6,6%, 500.000 euros máis ata chegar a 8.698.338 euros, grazas ó Plan Urban”, deste xeito, para a mellora das rúas na cidade adícanse 400.000 euros, para o saneamento e abastecemento en barrios adícanse 500.000 euros, para a mellora do saneamento e asfaltado de pistas na zona rural adícanse 600.000 euros, para expropiacións na zona do Carmen de 1.500.000 euros e outros 300.000 euros para a primeira fase do viveiro industrial para emprendedores.

Nestes orzamentos redúcense as partidas menos necesarias como o arrendamento de maquinaria, material de oficina ou as festas e 506.882 euros menos en gasto en persoal.

Stand en Fitur
O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, informou hoxe de que o Concello de Lugo terá un stand propio na Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro, pero non enviará este ano representación política a Fitur para aforrar gastos.

O tenente alcalde púxoo de exemplo de “racionalización e priorización do gasto” nos Orzamentos Municipais para 2012, nos que dixo, “prescindiuse de todo aquilo que era prescindible para poder atender á xente e non ter que reducir servizos básicos”. Bao explicou que o Concello de Lugo estará representado igualmente un ano máis en Fitur, posto que a cidade de Lugo terá un stand propio dentro do espazo reservado por Turgalicia, que cederá un espazo individualizado a cada unha das 7 cidades galegas para que expoñan o seu material promocional.

“Polo tanto, a labor de difusión da cidade estará perfectamente cuberta e atendida, que é algo que nos parece importante porque a chegada de turistas tamén redunda nun beneficio económico para a cidade”, destacou Bao, “pero o que non vai facer o Concello este ano é enviar representación política a Fitur”, aclarou. “Tomamos esta decisión para aforrar”, dixo. Este stand propio de Lugo estará atendido por persoal de Turgalicia, polo que “a presenza de Lugo en Fitur non vai custar nin un céntimo aos lugueses e luguesas”, indicou o tenente alcalde.

Bao salientou que “este ano 36.000 turistas visitaron a cidade de Lugo” e dixo que o obxectivo en Fitur debe ser aumentar o tempo de estancia que os turistas pasan na nosa cidade, para o que dende a Concellaría de Cultura se está a traballar para ofrecer produtos atractivos, como os circuítos culturais e as visitas guiadas que se puxeron en marcha recentemente e que tan boa acollida están a ter. A promoción da cidade de Lugo en Fitur estará baseada en tres eixos: patrimonio e turismo cultural, medio ambiente e turismo de natureza e gastronomía.

Reducirase un 10% o orzamento do San Froilán

Antón Bao puxo outro exemplo das reducións de gasto que se acometeron no Orzamento de 2012. Explicou que o Orzamento das Festas do San Froilán do vindeiro ano vai rebaixarase nun 10%. Indicou que, deste xeito, o Orzamento tope das festas vai ser de 695.000 euros, 80.000 menos que este ano. “Parécenos, aínda así que é un orzamento moi importante e co que se poden facer unhas moi boas festas, as mellores de Galiza”, destacou o tenente alcalde.

Edificio de Novas Tecnoloxías
O Concello xa pagou as indemnizacións por importe de 490.000 euros ós propietarios e arrendatarios dos dous edificios lindeiros coa fachada traseira da Casa de Concello. Os inmobles, un dos cales estaba en situación de ruína urbanística, foron expropiados e permitirán desenvolver un novo proxecto do Plan Urban: o futuro Edificio das Novas Tecnoloxías, que será posible grazas a ampliación da Casa do Concello.

A Concelleira de Economía lembrou que o concurso de ideas convocado polo Concello para levar a cabo este proxecto foille adxudicado ó arquitecto lucense Antonio de Vega, “agora está sendo validado polos técnicos municipais e en datas próximas presentaremos este Centro de Novas tecnoloxías, que se poñerá ó servizo dos cidadáns, por exemplo dos comerciantes que poderán facer uso das súas instalacións mesmo para facer unha videoconferencia ou para a venda dos seus produtos pola Internet sen ter que dispor de instalacións propias”.

Sonia Méndez informou tamén de que a Xunta de Goberno Local desestimou hoxe un recurso de reposición interposto contra a expropiación dos dous inmobles. Segundo os informes técnicos e xurídicos, non é posible aceptar o recurso porque as alegacións foron presentadas fóra do prazo de exposición pública e porque os servizos municipais se ratifican nos seus argumentos respecto o estado de ruína urbanística.

Ademais a Xunta de Goberno autorizou unha licenza para a demolición das edificacións sitas na Avenida da Coruña, número 410, e Rúa Xenebro, números 3 e 5 que

Mellora do fime da estrada Argonde-Vilachá
O Concello vai mellorar o firme da estrada que comunica Argonde e Vilachá, cun investimento que supera os 126.000 euros. A Xunta de Goberno aprobou hoxe abrir o procedemento de adxudicación para levar a cabo as obras de rexeneración de firmas desta estrada. O valor estimado do contrato é de 126.402 euros e o prazo máximo para a executar as obras é de tres meses.

A Xunta de Goberno tamén acordou abrir o procedemento de contratación da subministración mediante lotes dun camión con cisterna de emulsión asfáltica e dun camión dispensador de grava para o Parque Móbil municipal mediante alugamento financeiro, a través dunha operación de leasing. O orzamento estimado do contrato para a totalidade dos dous lotes é de 255.217,05 euros e o prazo do contrato e amortización será dun máximo de catro anos.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova