Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora co Colexio de Arquitectos nun laboratorio no que arquitectos recén titulados farán un código cromático para o Ensanche da Ramella


# Xoves, 22/12/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde e o presidente do Colexio de Arquitectos de Lugo inauguraron hoxe o laboratorio que dará formación a dez arquitectos lucenses no uso da cor nun espazo urbano

A iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración que manteñen o Concello e o Colexio de Arquitectos e conta con financiamento do Plan Urban


O Alcalde, José López Orozco, e o Presidente do Colexio de Arquitectos de Lugo, Raúl Veiga, xunto coa a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, inauguraron hoxe o Laboratorio “Ensanche da Ramella”. Trátase dunha acción que desenvolverán conxuntamente o Concello e a Delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia no marco do Proxecto Urban sobre o establecemento dun código cromático para esta zona do Casco Histórico de Lugo.

O Laboratorio “Ensanche da Ramella” enmárcase no convenio que manteñen as dúas institución, un acordo que xa se materializou na celebración do Seminario Internacional Cor e Cidade. O fin deste laboratorio é a formación de dez arquitectos, que remataron recentemente a súa carreira, na elaboración de plans de cor. Traballarán durante dous meses coordinados por catro profesionais con experiencia na intervención no patrimonio. No laboratorio elaborarase un traballo consistente no establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

Ademais, como froito deste seminario e traballo práctico farase unha proposta de cor para pintura dos recebos, carpintarías e ferraxarías dos edificios. O Concello a partir deste estudo e coas variacións que considere oportunas, poderá aprobar unha ordenanza de cor para recebos e carpintarías deste sector engadindo, a xeito de proposta para os propietarios, unha definición das cores das ferraxarías.

Dacordo co convenio asinado polo Concello e o Colexio de Arquitectos de Lugo o proxecto deberá estar finalizado o 29 de febreiro de 2012.

O Concello achegará un máximo de 18.000 euros para financiar esta actuación que ten un presuposto total de 30.009,52 euros.


O ámbito de traballo correspóndese co que se podería chamar ensanche interior do século XX de Lugo proxectado por Luis Vázquez (1878), Cobreros (1892) e Juan de Mendoza (1903). Dende o punto de vista arquitectónico considérase bastante homoxéneo e, por último, é unha parte da cidade que merece ser recuperada e avaliada (rúa Quiroga Ballesteros no seu treito entre a praza de abastos e a rúa Bolaño Ribadeneira) e un pouco apartada ou esquecida (tramo oeste da rúa Amor Meilán).

Por estes motivos considérase que este ámbito ofrece importantes posibilidades para a potenciación ambiental dunha parte do casco histórico que merece ser vista dende a perspectiva do ensanche da cidade na primeira metade do século XX.

O Laboratorio formativo práctico experiencial foi organizado pola Comisión de Cultura da Delegación do COAG en Lugo. A arquitecta Ángeles Castro Dapena é a Coordinadora xeral do Laboratorio, no que participan como coordinadores/profesores tres arquitectos, unha doutora en Socioloxía e outra en Belas Artes.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova